MANUEL CARBÓN ACUSA AO PP DO ESTADO LAMENTABLE DO PRINCIPAL VIAL URBANO

O BNG DE LALÍN SOLICITA O ARRANXO INTEGRAL DA RONDA ESTE

Representantes do BNG de Lalín na Rolda Leste
Representantes do BNG de Lalín na Rolda Leste
O BNG DE LALÍN SOLICITA O ARRANXO INTEGRAL DA RONDA ESTE

 

O Bloque Nacionalista Galego solicita o arranxo integral da Ronda Este debido ao estado lamentable no que se atopa na actualiade ao longo de todo o seu traxecto. O responsable de organización, Manuel Carbón, aclara a importancia do mesmo ao tratarse do vial que máis tráfico soporta dos que conforman a trama urbana xa que funciona como eixe vertebrador.

Carbón lembra que foi o cuatripartito no ano 2016 o que acomentou a última actuación integral deste vial, e desde aquelas os distintos gobernos do PP non fixeron nada para frear o deterioro manifesto no que se atopa. Acusa ao actual goberno municipal de mentir ao anunciar o 9 de abril do pasado ano que ía acometer traballos de acondicionamento para evitar “os transtornos que a día de hoxe somos conscientes que ten”, “pedindo desculpas á cidadanía polo estado desta estrada” e que incluso a financiación “implicaría a outras administracións superiores”, cando a realidade, case un ano despois, é ben distinta asegura o responsable de organización nacionalista, empeorando moito máis o estado do mesmo desde dito anuncio.

Desde o BNG sinalan que o plantexamento técnico do trazado evidencia o deterioro progresivo do vial, agravado polo inverno, ao punto de considerar que está afectando ás capas inferiores do firme, polo que vai rematando co colapso total do mesmo. Constatan o agrietamento xeralizado da capa de rodadura, menor nunhas zonas mentras noutras aparecen moi bacheadas con afección á estabilidade e seguridade dos vehículos.

Afirma Carbón “que non podemos permitir que unha infraestructura tan necesaria para Lalín se atope neste inaceptable estado sen que o goberno tome medidas”.

Apuntan desde o BNG que a Ronda Leste é unha arteria clave para o tráfico da nosa vila, aliviando a circulación no centro urbano e facilitando o acceso a distinta zonas comerciais, sanitarias, industrias, educativas, etc así como a distintas estradas de competencia galega ou estatal.

 

O BNG DE LALÍN SOLICITA O ARRANXO INTEGRAL DA RONDA ESTE