MOCIÓN DO BNG: SERVIZO DE PEDIATRÍA POLAS TARDES NO CENTRO DE SAÚDE

Concentración do BNG pola defensa da Sanidade Pública
Concentración do BNG pola defensa da Sanidade Pública
MOCIÓN DO BNG: SERVIZO DE PEDIATRÍA POLAS TARDES NO CENTRO DE SAÚDE

O BNG de Lalín considera unha total falla de vergoña e responsabilidade por parte do
PP, que o centro de saúde siga sin servizo de pediatría polas tardes cando foi o propio
señor Crespo o que fai xusto un ano nos anunciaba a bombo e platillo en campaña
electoral que esta praza do servizo de Pediatría pola tarde se cubriría xa o verán pasado
de 2023.
A data de hoxe sabemos que a praza de pediatría convocada quedou baleira por a
renuncia do titular que ía desenvolver este servizo, evidentemente polas condicións
laborais de total precariedade nas que a Xunta de Galiza ten sumidos aos profesionais
sanitarios, sen preocupárense en absoluto de que o resultado destas políticas de recorte
sempre cae enriba dos doentes, últimos afectados, xogando coa saúde de veciños e
veciñas, neste caso dos máis novos.
O Centro de Saúde de Lalín vén sendo noticia desde hai anos, entre moitas outras
carencias, pola inexistencia do servizo de Pediatría polas tardes. A realidade é que na
actualidade conta con tres pediatras en xornada de mañá, das cales unha delas
desprázase dous días á semana a Rodeiro un par de horas e outro día Agolada tres
horas o que conleva que o sevizo quede aínda máis minguado, e sen cubrir ás
profesionais en caso de vacacións ou baixas laborais o que agrava aínda moito máis a
situación.
A carga de traballo que teñen é altísima debido ao elevado número de pacientes que
atenden diariamente e a complexidade de ditas consultas tanto no relativo a tempo de
atención necesario como a todo o abano médico de atención que require xa que estas
profesionais realizan diagnósticos e tratamentos das patoloxías propias destas idades,
ademais coordinan actividades de promoción e prevención que permiten realizar unha
asistencia médica integral, e se é necesario brindan atención continúa cando se atopa
algunha anormalidade no desenrolo. Non podemos esquecer tampouco que as
actividades de promoción e prevención inclúen: vacinación, atención á familia e controis
de crecemento e desenrolo.
Desde o BNG é algo que vimos demandando desde hai anos, e que como é evidente a
Xunta de Galiza nega ao noso concello, unha solicitude dunha atención que se fai moi
necesaria para moitísimas nais e pais que ven como polo tarde e noite só lles queda a
posibilidade de acudir ao CHUS ou de ir á privada quen ten capacidade económica de
facelo.
A situación que vive a xente do noso concello e comarca neste senso é inasumible e
irresponsable por parte do goberno da Xunta, que olla cara outro lado sen dar solucións

a un problema que ten como vítimas aos veciños e veciñas e a súa saúde, cunha falla
total de empatía de quen nos goberna e esquecendo poñer aos doentes no centro, nin
sendo estes crianzas

Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno da Corporación
Municipal a adopción do seguinte

ACORDO:

1. Solicitar á Xunta de Galiza dotar ao Centro de Saúde de Lalín de atención de
Pediatría polas tardes sen recortar o servizo de mañá.

MOCIÓN DO BNG: SERVIZO DE PEDIATRÍA POLAS TARDES NO CENTRO DE SAÚDE