SERÁ PRESENTADA NO VINDEIRO PLENO DESTE MES DE ABRIL

Moción do BNG de Lalín sobre a Rolda Leste

Representantes do BNG de Lalín na Rolda Leste
Representantes do BNG de Lalín na Rolda Leste
Moción do BNG de Lalín sobre a Rolda Leste

O Bloque Nacionalista Galego solicita o arranxo integral da Ronda Leste debido ao estado lamentable no que se atopa na actualidade ao longo de todo o seu traxecto. Esta estrada é de gran importancia ao tratarse do vial que máis tráfico soporta dos que conforman a trama urbana xa que funciona como eixe vertebrador.

 

Foi o cuatripartito no ano 2016 o que acomentou a última actuación integral deste vial, e desde aquelas os distintos gobernos do PP non fixeron nada para frear o deterioro manifesto no que se atopa, é máis, este goberno municipal  mentiu ao anunciar o 9 de abril do pasado ano que ía acometer traballos de acondicionamento para evitar “os transtornos que a día de hoxe somos conscientes que ten”, “pedindo desculpas á cidadanía polo estado desta estrada” e que incluso a financiación “implicaría a outras administracións superiores”, cando a realidade, case un ano despois, é ben distinta  empeorando moito máis o estado do mesmo desde dito anuncio.

 

O plantexamento técnico do trazado evidencia o deterioro progresivo do vial, agravado polo inverno, ao punto de considerar que está afectando ás capas inferiores do firme, polo que vai rematar co colapso total do mesmo. É unha evidencia o agrietamento xeralizado da capa de rodadura, menor nunhas zonas mentras noutras aparecen moi bacheadas con afección á estabilidade e seguridade dos vehículos.

 

Desde o BNG non podemos permitir que unha infraestructura tan necesaria para Lalín se atope neste inaceptable estado sen que o goberno municipal adopte ningunha medida.

 

A Ronda Leste é unha arteria clave para o tráfico da nosa vila, aliviando a circulación no centro urbano e facilitando o acceso a distinta zonas comerciais, sanitarias, industrias, educativas, etc así como a distintas estradas de competencia galega ou estatal.

 

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de Lalín á adopción do seguinte

 

ACORDO:

 

1.- Que o Goberno Muncipal elabore e execute con carácter urxente un proxecto para o arranxo integral da Ronda Leste.

 

 

 

 

 

 ,Lalín, 14 de abril de 2025.

Moción do BNG de Lalín sobre a Rolda Leste