VECIÑOS DO RODO ACHEGAN AO BNG QUEIXAS SOBRE O ESTADO DE ABANDONO DUNHA PARCELA SITUADA NUNHA PERPENDICULAR A DITA RÚA.
A MATOGUEIRA NON SÓ INVADE O RURAL LALINENSE E CHEGA Á VILA.
No concello lalinense estamos acostumados a que, segundo a época do ano na que vivimos, a matogueira inunde carrís de estradas, converta os arcéns das mesmas en intransitables para os peóns ou chegue a tocar os vehículos que se moven por ellas reducindo a visibilidade e a seguridade vial. Dende o BNG sempre foron críticos coa maneira de programar os desbroces, que resulta evidente, que non é efectiva e que se move máis polo santoral que por as necesidades reais de veciños e veciñas.
Mais, nesta ocasión, non están a falar de que as silvas e o mato coman estradas do rural ou parcelas neste, dende o bloque, esta vez, acusan ao concello de Lalín deste desleixo dentro da propia vila, nunha rúa perpendicular á céntrica Rúa do Rodo, ben coñecida polos lalinenses.
A pesares de que os veciños se puxeron en contacto co concello para solicitarlle o desbroce dunha finca situada nesta zona de Lalín, o seu estado é lamentable, con matogueira que a inunda e que xa chega a invadir parte da beirarrúa. A propiedade de dita parcela osténtaa, polo que os propios veciños afectados lles contaron aos nacionalistas, unha empresa inmobiliaria que a adquiriu e que, a xulgar polo seu estado, non ten visos de facerse cargo do seu desbroce. “Malia que está nunha zona visible e que os veciños e veciñas do Rodo transitan habitualmente, os encargados de manter a nosa vila coidada e adecentada, a pesares de coñecer o caso, non parecen ter intención de mover un dedo ou de chamar a contas para quen ten a propiedade o faga, de maneira que os veciños colindantes teñen que vivir o seu estado con malestar evidente”, aclara o portavoz do BNG Paco Vilariño despois de visitar a zona e comprobar o estado da parcela ao ser alertado por veciños desa mesma rúa.
É por iso que os integrantes da formación nacionalista lle solicitan aos membros do concello responsables de dita función, que se acheguen de inmediato a constatar o estado de abandono de dita finca e lle den solución para que a matogueira, que en anacos xa supera os dous metros de alto , e solventen este problema que afecta a aqueles que residen na zona, “deixando de desoir aos lalinenses para os que gobernan”, insiste Francisco Vilariño nas súas declaracións ao respecto.