A ASEMBLEA LOCAL ESCOLLEU POR UNANIMIDADE UN NOVO CONSELLO LOCAL DE 36 PERSOAS

MARI FERNÁNDEZ SANMARTÍN NOVA RESPONSABLE LOCAL DO BNG DE LALÍN

Villar, Fernández e Carbón
Villar, Fernández e Carbón
ESTARÁ ACOMPAÑADA POR CRISTINA VILLAR CARRAL COMO VICERRESPONSABLE E MANUEL CARBÓN TALLÓN RESPONSABLE DA ÁREA DE ORGANIZACIÓN
MARI FERNÁNDEZ SANMARTÍN NOVA RESPONSABLE LOCAL DO BNG DE LALÍN

O pasado luns, na sede do BNG, tivo lugar a Asemblea Local do BNG de Lalín para escoller ao seu novo Consello Local que dirixirá a organización nos vindeiros tres anos. Neste proceso, posterior á Asemblea Nacional, presentouse unha única candidatura, composta por 36 militantes, 19 mullleres e 17 homes,  que contou co respaldo unánime da Asemblea Local.

 

A persoa eleita para ocupar o cargo de máxima responsabilidade a nivel local da organización nacionalista foi Mari Fernández Sanmartín, veciña de Lalín e de 46 anos. Desde o BNG local sinalan que o seu coñecemento de Lalín, compromiso,  introducción social, capacidade de traballo e liderazgo foron os criterios polos que o conxunto da militancia apostou decididamente por ela. En palabras de Mari Fernández: “O BNG xa demostramos que non temos teito nin límites e responderemos a esta crecente simpatía con propostas, traballo incansable e compromiso”

 

Apuntan os nacionalistas, que a total confianza depositada na nova Responsable Local, vai supoñer un traballo de continuismo respecto ao anterior compañeiro no que recaeu esta tarefa nos últimos dez anos. Destacan o papel fundamental que Manuel Carbón fixo ao longo destos últimos anos, nos que asumíu a responsabilidade no peor momento histórico do BNG e deixao, sen lugar a dúbidas, no seu mellor momento tanto a nivel de número de militancia como de traballo realizado.

 

Mari Fernández estará acompañada por Cristina Villar, como nova Vicerresponble, outra aposta clara dunha militante que leva tres anos na organización, máis a súa firmeza e compromiso de traballo fixeron que  a militancia apostara de xeito unánime tamén por ella. “Hoxe somos unha organización local máis forte, temos por diante dous anos para seguir sumando apoios e referenciando á nosa organización como única alternativa política en Lalín”, reivindicou Villar na Asemblea Local celebrada este luns, que fixou como reto ensanchar a base social e manter a tendencia á alza das nacionalistas para se converter nunha “forza determinante” nas vindeiras eleccións municipais de 2027.

 

A área de Organización vai estar liderada polo anterior Responsable local, Manuel Carbón, no que os nacionalistas valoran como un gran equipo de traballo que mistura experiencia e xente nova. Carbón destacou o equilibrio entre a continuidade do traballo do anterior equipo xunto coa ampliación e renovación con persoas de ampla experiencia, nova militancia e representantes da súa organización xuvenil, Galiza Nova. “Persoas comprometidas e xenerosas coa organización, co seu casco urbano e parroquias, con Lalín e con este País”.

 

Rematan desde o BNG destacando, que apostaron por un Consello Local amplo, apostando pola participación interna, xerando dinámicas conxuntas de traballo e podendo estar así nas mellores condicións posibles para elaborar unha alternativa ao que denominan como o peor goberno da historia que tivo Lalín.

MARI FERNÁNDEZ SANMARTÍN NOVA RESPONSABLE LOCAL DO BNG DE LALÍN