NÉSTOR REGO, MARI FERNÁNDEZ E MANUEL CARBÓN INTERVIRÁN NESTE ACTO O VENRES NO MUSEO RAMÓN MARÍA ALLER

“Co BNG Galiza gaña!”

“Co BNG Galiza gaña!”

 O BNG celebra este venres 24 de abril ás 20,30 horas no Museo Municipal Ramón María Aller o acto “Co BNG Galiza gaña!” coa presenza do deputado nacionalista nas Cortes do Estado español, Néstor Rego, que estará acompañado pola responsable local do BNG de Lalín, Mari Fernández Sanmartín e o responsable de organización, Manuel Carbón. No acto, repasarán o traballo levado a cabo polo BNG en Madrid e os beneficios para Lalín e para Galiza da representación institucional do BNG nas Cortes do Estado español. 
As bonificacións das peaxes na AP53, que veñen de cumprir un ano en vigor, cun aforro de case 4.000 euros para os petos das veciñas e veciños de Lalín; a defensa de iniciativas en materia de vivenda para o noso concello, de infraestruturas que melloren a calidade de vida das veciñas e veciños de Lalín ou o rexeitamento do prexudicial acordo de libre comercio entre a Unión Europea e o Mercosur para o noso sector agrogandeiro serán algúns dos temas que Néstor Rego, Mari Fernández e Manuel Carbón analizarán neste acto.
O BNG da conta no territorio dos “deberes feitos” en Madrid para colocar a Lalín e a Galiza na axenda política no Estado español, dando a batalla e levando ás Cortes os temas, necesidades e demandas das galegas e dos galegos, e acadando acordos e apoio a iniciativas que benefician a Galiza en distintos eidos. 
 

“Co BNG Galiza gaña!”