MARI FERNÁNDEZ APOSTA POLA RECUPERACIÓN DUN GRAN ÉXITO DE GASTRONOMÍA E CULTURA

O BNG solicítalle ao Goberno a volta do “Lalín con gusto”

O BNG solicítalle ao Goberno a volta do “Lalín con gusto”

 

O BNG de Lalín solicítalle ao Goberno municipal que aposte por retomar iniciativas de éxito coma o “Lalín con gusto” para o que resta deste mandato municipal. A Responsable Local do BNG, Mari Fernández, reclama recuperar este evento e organizar a IV edición do “Lalín con gusto” da que foi responsable o noso  voceiro municipal, Paco Vilariño, e que en tan só tres edicións xa se convertira nun referente na nosa vila.

Desde o BNG lembran o éxito que as tres edicións celebradas do “Lalín con gusto” tiveron tanto a nivel de asistencia de público, coma de satisfacción dos profesionais da hostalaría local participantes e os productores locais. Por iso “non se entende que unha das primeiras cousas que fixo o PP a acceder á Alcaldía foi eliminalo”, clara mostra do seu sectarismo e falta de compromiso por manter eventos deste tipo que tan ben valorados eran pola cidadanía só pola única razón que era un evento ideado e organizado polo BNG.

Lembra Mari Fernández, que este evento, a pesar de só ter celebradas tres edicións, xa estaba completamente asentado e afianzado na axenda da cidadanía, no que o esforzo que se fixo por potenciar o cóctel de gastronomía, cultura e ocio tivo unha resposta moi positiva entre a cidadanía, grazas a unha resposta de público moi satisfactoria e onde incluso moitos visitantes peregrinaron a Lalín atraídos pola oferta lúdica e gastronómica.

O BNG destaca, que a organización de “Lalín con gusto” tamén valeu para deixar claro o papel de promoción de comida saudable que incluía no seu programa a través dos varios talleres infantís de alimentación que acolleu nas distintas edicións.

O BNG explica que da súa experiencia na organización deste evento dende o goberno local “quedounos claro que foi unha excelente forma de presumir de profesionais e productos de calidade nun evento dirixido ao conxunto da cidadanía”.  

Con esta iniciativa, o BNG volve apostar pola posta en valor do producto da zona de do talento dos mozos e mozas, novos valores da gastronomía lalinense e de todo o país. Mari Fernández destaca que eventos coma o “Lalín con gusto” contribúen á economía local, diversifican o turismo no concello e ademáis “nos fan sentir a todos e todas orgullo do noso, dos nosos profesionais e dos nosos productos”.

 

O BNG solicítalle ao Goberno a volta do “Lalín con gusto”