PARA TRATAR A IMPLANTACIÓN DA ZONA AZUL

O BNG SOLICITA REUNIÓN DO GOBERNO COA VECIÑANZA DA RÚA AREAL

A proposta parte dos numerosos veciños e veciñas que lles trasladaron o seu rexeitamento a esta medida.

Tacha a decisión como unha ocorrencia do PP que vai aumentar aínda máis a desfeita realizada nesa rúa

Obras na rúa
Obras na rúa

 

O BNG SOLICITA REUNIÓN DO GOBERNO COA VECIÑANZA DA RÚA AREAL

 

Lalín, 3 de maio de 2024. Desde o BNG de Lalín, consideran que a decisión de implantar a zona azul na
rúa Areal parte dun enfoque equivocado e non incide no problema real que creou o Goberno Municipal
cunha actuación nesa rúa que é un auténtico despropósito a todos os niveis (estacionamento, seguridade
vial, funcionalidade, estética, prazos de execcución, etc).
Apuntan os nacionalistas que foron moitos e moitas as veciñas que lle trasladaron as súas queixas polo
mal deseño da rúa, mais agora tamén son numerosísimos os que lle transmiten a súa posición contraria a
implantar dita zona azul, especialmente pola falta total de diálogo e nula consulta coa veciñanza.
Acusan os nacionalistas ao PP de hipócritas ao  ̈poñer por diante á veciñanza” de dita rúa diante das
unáinimes queixas do lamentoso proxecto que se realizou (cando dicían que foran informados e que tiñan
o visto bo dos residentes nesta rúa), máis agora que existen moitas voces contrarias a esta medida non se
dignan nen en convocalos a unha reunión para coñecer a súa posición, e nen tan sequera lle dan
explicacións camdo llas piden a título individual.
Para o BNG unha decisión deste tipo non pode ir avalada “pola teórica decisión dos que nesta rúa teñen
negocio”, na que a realidade é distinta tamén á que nos quixeron vender xa que existen negocios que son
contrarios á mesma e incluso non “recibiron a visita previa a que se rexistrara dita petición por parte de
membros do goberno”. Apuntan os nacionalistas que ten que ser unha opinión a ter en conta máis tamén, e
non menos importante tería que ser a da veciñanza.
O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que xa preguntou por este tema no pleno do pasado mes de
marzo, sinala que os problemas de tráfico e aparcamento veñen motivados pola falla dun deseño dos
espazos urbanos e pola máis que evidente falta total dun proxecto de vila como tamén o propio Vilariño
fixo fincapé ao Alcalde o venres pasado.
Apunta Vilariño que sstamos ante unha nova improvisación por parte do goberno municipal que carece
dun modelo para o noso concello. Hoxe necesitamos que Lalín deixe atrás propostas e modelos urbanos
do século XX e se incorpore ao século XXI.
Vilariño asegura que esta rúa, igual que moitas outras, necesita de solucións integrais aos problemas que
xeraron e non improvisar solucións parciais que son auténticos parques que o único que van facer é
agravar a situación actual.
O voceiro municipal manifestou que ao único no que vai contribuír esta ocorrencia do PP é en aumentar o
caos actual e aproveitar unha nefasta actuación para implantar unha medida totalmente ineficaz e que na
práctica só ten un afán recaudatorio.
En canto á dinamización da economía comercial da rúa, o BNG entende que este obxectivo non se vai
acadar con esta medida de limitar o estacionamento a 90 minutos. Nese espazo de tempo é imposible facer
unhas mínimas xestións, facer compras ou ir a un local de hostalería. Para potenciar o comercio é preciso

mellorar a súa contorna, e isto non só se limita a ampliar rúas... Precisamos crear un lugar mais atractivo
e cómodo.
Para o nacionalista tentar saír desta situación bochornosa dicindo que é para dinamizar a economía
incidindo unicamente nunha regulación dunha determinada zona de aparcamento non é a solución máis
acaía. Pola contra entende que vai provocar o efecto contrario, vai facer que moitas persoas deixen de
interactuar nesta rúa.
Vilariño argumenta que botamos en falta por ser esencial a consulta e diálogo cos veciños e veciñas
directamente perxudicados e tamén a presentación dun estudo pertinente para facer esta proposta.

O BNG SOLICITA REUNIÓN DO GOBERNO COA VECIÑANZA DA RÚA AREAL