O BNG solicita no Parlamento Galego un Centro de día público para Lalín

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas Ariadna Fernández González e Olalla Rodil Fernández, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para debate en Pleno, sobre o centro de día de Lalín.
O BNG solicita no Parlamento Galego un Centro de día público para Lalín
O Concello de Lalín, que supera os 20000 habitantes, é o único concello da súa categoría que non conta cun servizo básico nos tempos que corren, e que precisan máis do 25% dos veciños da vila, un centro de día público. Todos os centros destas características cos que conta son de carácter privado e contan con lista de agarda, a pesares de que en 2008 se firmou un protocolo de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galiza para a súa construción en terreos municipais, concretamente nunha parcela da zona do Regueiriño.
 
Con este tipo de servizos melloraría moito a calidade de vida dos posibles usuarios deste centro, no tocante á saúde e ao ocio, especialmente no caso das persoas que viven no rural sendo, por suposto, de vital importancia na conciliación familiar dos
e das veciñas que teñen a persoas maiores ao seu cargo.
 
Este centro de día acumula 14 anos de atraso na súa construción e posta en funcionamento, con insistentes negativas por parte do goberno da Xunta, en colaboración co pouco interese por parte do goberno do concello en levalo a cabo. Pola contra, no 2010, a Conselleira de Traballo e Benestar daquel momento, Beatriz Mato, achegábase a Lalín para presidir o acto inaugural dunha iniciativa privada que dotaba de 40 prazas de centro de día á vila, felicitándose por elo.
 
A pesares da necesidade de dito servizo e de que anualmente nas emendas aos presupostos autonómicos se solicita o centro de día, o goberno do PP rexeita dita demanda insistentemente, incumprindo de xeito reiterado o seu compromiso cos lalinenses.
 
Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para o debate en Pleno:
“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a dotar ao concello de Lalín dun centro de día público que ofreza as prazas necesarias para que todos aqueles que as soliciten eviten sufrir listas de agarda para as súas persoas maiores, garantindo o transporte dos
usuarios de dito centro.”
O BNG solicita no Parlamento Galego un Centro de día público para Lalín