O CONSELLO LOCAL DO BNG DENUNCIA A FALTA DE DIÁLOGO E AS MENTIRAS DO GOBERNO
O BNG solicita a convocatoria urxente da Mesa de Seguemento do SAF de Lalín
Francisco Xavier Vilariño Taboada como voceiro do grupo municipal do BNG de Lalín
EXPÓN:
Para o BNG o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é fundamental para mellorar a calidade de
vida dos usuarios e usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu entorno de
convivencia habitual ou favorecer a autonomía persoal no propio municipio, entre outros. O
BNG ten feito un inxente traballo para garantir que a prestación deste servizo básico, moi
importante no conxunto do concello, especialmente na zona rural, se rixa en termos de eficacia
e benestar tanto para as persoas usuarias coma para as traballadoras que desenvolven esta
importante labor.
O BNG xa ten levado a cabo nos últimos anos numerosas iniciativas públicas, tanto no
Concello de Lalín, coma noutros ámbitos, para reclamar algo tan básico para estas
traballadoras do SAF coma son os seus dereitos laborais e garantir á cidadanía este dereito
social. No Pleno municipal do pasado venres aprobouse cos votos do PP e as abstencións de
PSOE E CXL o expediente de contratación de “Servizos de atención domiciliaria do Concello de
Lalín: Servizo de Axuda no Fogar”, no que ao noso entender lamentablemente quedou en
evidencia que un dos sevizos municipais máis importantes que xestiona o Concello de Lalín,
tanto pola súa cuantía coma especialmente polas persoas ás que vai dirixido, vai supoñer un
auténtico pelotazo para a empresa adxudicataria en contraposición da carencia absoluta de
mellor cobertura por parte das mulleres que traballan no mesmo e tamén das persoas
demandantes. É evidente que a empresa adxudicataria do servizo vaise facer de ouro e as
consecuencias deste nefasto prego vainas pagar o lombo das auxiliares que sofren unha
enorme precariedade, e as persoas usuarias.
Un proceso de licitación baseado na total falta de diálogo sinceiro coas representes das
traballadoras respecto das súas lexítimas e xustas demandas, deixando que prime en
exclusiva as melloras do prego no aspecto empresial, e o que é máis grave, diante dunha
posición responsable e constructiva por pate das traballadoras e do propio BNG para chegar a
un acordo nos meses previos á celebración do Pleno, o único que demostrou o PP é que
enganaron ás traballadoras remitíndoas a un suposto acordo para despois saltou polos aires
sen nengún tipo de explicación e con total oscurantismo.
Para o BNG resulta fundamental, tal e como pedimos o pasado venres, incluír nos propios
pregos condicións que garantan o bo funcionamento de dito servizo para os vindeiros catro
anos para os que se vai adxudicar, evitando así no futuro todo tipo de conflitividade e
problemas no servizo que se traduzan en mellora do servizo para os usuarios e as súas
familias así como para as traballadoras.
Estamos falando de cuestións que non require nalgúns casos ningún incremento do gasto, tan
só ter a vontade política de mellora de servizo e condicións, e noutros un aumento ridículo para
a cuantía que estamos falando: 2.205.802,14€ anuais, cun valor estimado do contrato de
9.332.239,84€, incluso contando coa posibilidade de modificar o contrato até un máximo do
10% do prezo anual do contrato.
Estamos falando de modificacións que só repercutirían na mellora do servizo ás persoas
usuarias como sería a modificación do horario de comezo e que evidentemente permitiría unha
mínima conciliación ás traballadoras, lembrar que se estipula que o horario é de 8:3 a 21:30
horas, que amosa ao mesmo tempo unha clara ilegalidade por non contemplar as 12 horas de
descanso obrigatorias, incluso véndose superadas as 37,5 horas semanais ao constar que os
festivos e domingos a xornada laboral é de 8 horas, polo que o prego incumpre clarisimamente
o Estatuto das Traballadoras.
No caso do quilometraxe valoramos que se produce unha situación de desprezo absoluto ás
traballadoras debido a que a tabla salarial fixa que como mínimo que o quilometraxe tense que
pagar a 0,24€ e non aos 0,23 que fixa o prego. Este non é un tema menor debido a que para as
traballadoras que realizan as súas funcións no rural podemos valorar unha diferenza en máis
de 200€ mensuais, realidade esta que choca frontalmente coa de Concellos como Silleda ou
Vila de Cruces onde se lle paga o quilómetro a 0,26€. Máis difícil incluso de entender resulta
que o Concello de Lalín pague a quilometraxe do seu persoal a 0,26€ e que a estas
traballadoras que na realidade fan, a todas luces, un servizo público se lle pague a 0,23€,
incluso por debaixo do prezo legal.
Tamén consideramos que é de pura lóxica que o servizo ten que reorganizarse por
proximidade, unha zonificación que beneficiaría ás traballadoras pero tamén á propia empresa
en termos de eficiencia do seu servizo.
Outro aspecto importante é a dignificación da labor das traballadoras no referente a fixar
claramente cales son as súas tarefas para así non ter asignadas labores impropias que o
mesmo prego abre a posibilidade de realizar e que insistimos que non lle corresponden.
De especial importancia resulta tamén o retraso co que o Concello de Lalín asigna novos
usuarios, situación esta, que propicia un perxuízo moi importante para os e as demandantes
pola conseguinte tardanza e desatención no servizo de novos usuarios e usuarias que o
precisan, con carácter urxente, e que ven como acumulan moito tempo de garda
incompresiblemente. Xa temos denunciado en varias ocasións como non é nada novidoso que
as persoas demandantes falezan antes de ter adxudicado o servizo ou situacións que levaron a
denunciar diante da Valedora do Pobo tardanzas superiores de 2 anos sen opter a máis mínima
resposta ou información por parte do Concello de Lalín. Ao mesmo tempo, pedimos o
incremento da xornada de traballo ao 100% das traballadoras como unha das medidas
fundamentais a adoptar para evitar situacións dramáticas como as relatadas anteriormente.
Un goberno responsable, posto que se trata de cartos públicos nun contrato millonario que
pagan os veciños e veciñas, ten a obriga ao noso entender de ter tomado a iniciativa para
solucionar este servizo deficitario a todas luces. Non foi así nunca, e por iso, en varias ocasións
tivemos que propiciar desde o BNG que se convocaran varias mesas de seguemento, unha
ferramenta que tamén foi creada a iniciativa nosa.
Ademais a actuación inflexible do goberno local de Lalín neste asunto contrasta coa axilidade
coa que actuaron os concelleiros do PP para subirse de xeito escandaloso os soldos para sí
mesmos e os seus séquito de asesores, mentres son incapaces de solucionar a precariedade
laboral de traballadoras tan fundamentais para a veciñanza de Lalín coma son as so SAF, no
que desde o BNG valoramos que vulnera os dereitos das persoas maiores e deteriora tanto a
súa calidade de vida como a das persoas que as coidan, en definitiva: coidar a quen nos coida.
Por todo o anteriormente exposto, desde o Bloque Nacionalista Galego de Lalín
SOLICITAMOS:
A convocatoria urxente da Mesa de Seguimento do SAF para solucionar e poñer fin dunha vez
ao abuso e explotación laboral de veciñas de Lalín que prestan este servizo e o consecuente
dano para os usuarios e usuarias do mesmo.