DENUNCIA A ESTADO LAMENTABLE NO QUE SE ATOPA E A SÚA FALTA DE APROVEITAMENTO

O BNG solicita unha actuación integral de mellora da praza Europa

Ariadna Fernández, Paco Vilariño e Manu Carbón
Ariadna Fernández, Paco Vilariño e Manu Carbón
O BNG solicita unha actuación integral de mellora da praza Europa

 

 

 

 

Estado de parte da Praza de Europa
Estado de parte da Praza de Europa

Desde o BNG de Lalín fanse eco das numerosas queixas que veñen recibindo de pais e nais polo lamentable estado de conservación e mantemento que presentan varios elementos que conforman os parque infantís de Lalín.

En concreto refírense ao parque da Praza Europa do que apuntan os nacionalistas que ten unha demanda moi importante e que se atopa nun estado de abandono desde hai moito tempo que se concreta nunha situación en precario dos elementos de xogo: nuns casos rotos, noutros inutilizados, zonas infrautilizadas e inseguras con lousas que caen e que leva a zona máis de tres meses delimitada e sen facerse nada para solucionalo, con evidentes carencias  para os menos e nenas que xogan nel.

O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, non só reclama actuacións no seu estado de mantemento, senón que realizou unha serie de propostas ambiciosas, que ao entender do BNG, melloraría sustancialmente e transformaría non só a zona de parque senón o conxunto da praza:

1.- A dotación na parte alta e baixa da praza (que contan dunha superficie moi importante de metros sen ningunha función, máis de 1000 metros cadrados) de distintos elementos de xogo e deportivos que aumenten a oferta de lecer da mesma.

2.- A creación do primeiro parque infantil cuberto na nosa vila, o que permitiría en palabras do nacionalista dotar dunha oferta aos nenos e nenas de Lalín que non existe a día de hoxe, nun concello no que evidentemente o uso destos espazos está moi condicionado pola climatoloxía tan adversa que temos na maior parte do ano.

3.- Ao igual que existe noutros concellos galegos, os nacionalistas propoñen o estudo do peche do acceso á praza en horario nocturno, delimitando obviamente os negocios de hostalería para que non lles afecta a medida, co que se evitarían actos vandálicos e actuacións non desexadas que se están producindo en dita ubicación.

4.- A instalación de varias fontes de auga, polo súa gran demanda e utilidade, lembrando que a existente leva máis de tres anos inutilizada.

Para o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, é fundamental manter en bo estado as poucas zonas de lecer para os máis pequenos que ten a nosa vila, lonxe da realidade de abandono e disidia que presentan desde hai tempo.

Denuncia Vilariño que este é un goberno que amosa una insensibilidade absoluta ao non facer caso das numerosas queixas que se lle levan trasladado sobre o estado do mesmo, e instao a actúar de xeito imediato para poñer fin a esta lamentable situación que só require ter vontade e responsabiliadade política á hora de evitar esta triste realidade.

 

O BNG solicita unha actuación integral de mellora da praza Europa