O BNG reúnese coa CIG ENSINO pola situación do Scientia School de Lalín
Anunciado un novo Concurso de Acreedores no centro Scientia Lalín SL do grupo Scientia School, o BNG quere saber cal é a situación real do colexio, e coñecer de primeira man, que medidas acordaron acometer as persoas traballadoras en Asemblea informativa celebrada o pasado xoves á tarde.
Á reunión, que tivo lugar este sábado ás 17:00 horas no local do BNG de Lalín, asistiron Paco Vilariño, Marco Barcala e Mari Fernández como responsables do BNG e Xosé Nogueira, Luz Fernández, Loli Sampayo en representación da central sindical.
Logo de que o BNG transmitise o seu apoio, tanto as persoas traballadoras como ás familias afectadas, o primeiro en intervir foi Xose Nogueira que, en calidade de asesor do Sindicato, expuxo detalladamente a situación actual do centro logo dunha convulsa e precipitada semana.
Así, indícabase dende a CIG, “foi o pasado domingo cando nos enteramos, e compre dicir que de absoluta casualidade” de que Scientia Lalín Sl entrara en Concurso Voluntario de Acreedores a través do Xulgado No 9 do Mercatil de Madrid; empresa que sabemos estaba administrada ou ao menos dirixida por Francisco Guerrero Cruces. A partir de aí, fixemos as pesquisas oportunas e conseguemos saber que había unha proposta de nomeamento dun Administrador Concursal, neste caso de Coruña. De igual xeito, e visto o
que acontecera en Donostia en xuño do ano pasado, e logo de falar cos compañeiros de ELA (sindicato maioritario na empresa vasca) solicitamos “unha nota simple” ao rexistro da propiedade e efectivamente corroboramos as nosas sospeitas que fan deste concurso “un concurso totalmente diferente” aos anteriores.
Da nota simple podemos concluír que os bens e inmóbeis que se atopan na parcela onde se ubica o centro educativo está rexistrado a nome de SCIENTIA SHOOL S.A. e non a nome SCIENTIA LALIN S.L. empresa en concurso; polo que a posibilidade de que apareza un comprador da “unidade produtiva” redúcese considerablemente.
Sinalou Nogueira que “aínda habemos levar mais sorpresas” e xa “non descartamos que apareza a propia empresa debéndose diñeiro a ela mesma” a través das estruturas S.A e S.L... vía contratos propios de arrendamento, o que suporía xa o colmo da “especulación” e da utilización da lei concursal para poder “roubar a mancheas” os cartos de todos e todas nos mentres teñen a clase traballadora sen cobrar dende fai meses, indicaban dende a CIG.
Este foi tamén o contido principal que abordamos o pasado xoves na Asemblea que celebramos no local da CIG en Lalín e a cal convidamos a todas as persoas traballadoras do centro.
A día de hoxe, temos constatación que que a administración concursal (pese a non estar publicado o concurso no BOE) xa se puxo en contacto coas persoas traballadoras do centro para indicarlle que xa poden comunicar os créditos adebedados.
Ao mesmo tempo e no día de onte, á ultima hora da mañá a RLPT (as delegadas de persoal) recibiron convocatoria de reunión co Administrador Concursal para o Vindeiro Luns ás 14:30 horas, e pouco tempo despois dende a dirección do centro convocaron ao conxunto das persoas traballadoras da empresa a unha reunión coa “dirección da empresa” e a que
sospeitamos que acudirán Rafael Lestón, actual responsable de recursos humanos de Scientia School, e anterior asesor sindical do FSIE; e Francisco Guerreo Cruces, en calidade de “Administrador” de algunha das pezas “da maraña empresarial”.
A día de hoxe, e a expensas do que nos poidan contar tanto o Administrador Concursal como o propio empresario en caso de persoarse o vindeiro luns, dende a CIG queremos amosar a nosa preocupación por 3 áreas que para nos son principais:
1.- En primeiro lugar, tememos pola mantemento dos postos de traballo. Compre lembrar como se chegou a esta situación, e nisto, reparar que foi no ano 2022 cando Francisco Guerrero Cruces, entendemos que como “mandado” de Estanislao Martinez Paz (o gran xefe na sobra) chegou a negociar a adquisición do colexio nunha poxa na que subindo a aposta da outra empresa que estaba disposta a adquirir o centro de traballo, gañou a poxa precisamente por “facer unha oferta mellor á administración concursal” consistinte en, entre outras condicións “Manter o 100% dos postos de traballo”. Para a CIG isto é fundamental, pois de terse planificada esta operación dende aquel momento, entendemos que se trata dun fraude ao xulgado mercantil pontevedrés que tivo que revolver o concurso do ano 2022.
2.- En segundo lugar, e como no pode ser doutro xeito, manifestamos a nosa preocupación pola situación de indefensión na que van quedar as familias e en especial as crianzas. En pleno proceso se reserva de praza, as familias non teñen a dia de hoxe garantía algunha de se vai haber praza para as súas fillas e fillos, xa non neste centro educativo, se non mesmo nun centro do Concello de Lalín; vistas outras realidades demográficas chámese Dozón, Agolada, Rodeiro.
3.- En terceiro lugar, polo desleixo e despreocupación das administracións para loitar contra o fraude e a especulación, póndose “de perfil” na defensa da clase traballadora, pero dando o do de peito para buscar “empresas salvadoras” que co tempo se demostran verdadeiras entidades fraudulentas e en nada preocupadas polo ensino se non exclusivamente polo seu capital.
Tanto o BNG como a CIG comparten que “non podemos permitir que veñan especuladores a Lalín” mais para iso, a administración local e a Consellaría de Educación nomeadamente teñen que poñerse a traballar xa e buscar unha solución e que, ten que pasar necesariamente pola integración do centro de ensino na Rede Pública de Ensino Galego, como xa teñen denunciado en varias ocasións.
Neste senso, e en palabras de Paco Vilariño: “O señor Crespo non pode vir agora queixándose desta situación porque, por unha banda, isto xa era esperable visto o interese de Francisco Guerrero pola cuestión educativa no centro, e sobre todo porque o BNG xa llo anticipou no ano 2021 cando, no último concurso o instábamos a que “faga públicos os servizos que no seu día se privatizaron”, mais por desgraza eses intereses non lle son propios ao partido popular.
Vilariño mostrou o apoio incondicional do BNG, tanto aos traballadores como ás familias afectadas, colaborando a nivel de organización e como estructura política na defensa dos seus intereses.
Vilariño tildou de intolerable esta situación e puxo o aacento na importancia que este centro educativo ten en Lalín debido a que non contemplan en ningún momento o seu peche polo impacto inasumible que tería na rede educativa de Lalín ao non existir alternativa para acoller a todo o alumnado, lembrando que os outros dous centros públicos ubicados na vila están masificados.
O voceiro municipal, denuncia que o problema de fondo é a especulación existente no ensino e móstrase radicalmente contrario a que se pode facer negocio co mesmo como é o modelo do PP, insistindo unha vez máis que a solución para rematar con este culebrón é que a Xunta asuma dito centro para que pase a formar parte da rede galega de centros públicos.