DEFENDERÁ A PETICIÓN DOS VECIÑOS PARA SUPRIMIR A ZONA AZUL E INCORPORAR ELEMENTOS DE VISIÓN PARA SAÍR DOS GARAXES CON SEGURIDADE
O BNG LEVA A PLENO A MOCIÓN CIDADÁ SOBRE A RÚA AREAL
O 29 de outubro de 2015, o Goberno de coalición aprobou unha moción que permitía aos veciños e veciñas de Lalín levar a sesión plenaria unha Moción Cidadá, só co máis que asumible requisito de ter o respaldo de 250 sinaturas de persoas empadroadas no noso Concello e que tratatran cuestións de intereses público.
Tiveron que pasar nove anos para que esta ferramenta creada para fomentar a participación cidadá na vida política, e polo tanto, aumentar canles democráticos, se convertise nunha realidade que xurde da veciñanza e coa forza indiscutible de case duplicar o número de sinaturas requeridas nun tempo récord, o que evidencia o traballo realizado e a importancia social da mesma.
Que a resposta do PP sexa negarse, non só a debatela nos dous plenos seguintes a súa presentación como establecía a moción, senón anunciar que ao ter o Alcalde a potestade de decidir as mocións que se inclúen no Plano municipal e que non existe unha regulamento sobre dito acordo plenario, o único a amosa desde o noso punto de vista é o desprezo do Goberno pola veciñanza.
Unha decisión política do PP que evidencia que non ten o máis mínimo respecto pola democracia e que utiliza a súa maioría absoluta como un auténtico rodillo contra todo aquello que non é do seu interese.
Ao BNG parécenos lamentable que se poida desprezar dun xeito tan soberbio a tantos veciños e veciñas que amosan unha clara postura sobre a chapuza feita da rúa areal, tanto na realización das obras como na ocorrencia de última hora de implantar a zona azul. Estamos falando de cuestións tan impostantes como é a seguridade ou medidas que afectan directamente non só aos veciños e veciñas desta rúa , senón aos do conxunto do Concello.
Como xa anunciamos no pleno de xuño, no que o Goberno anunciou que non se ía debater dita moción, trasladamos a través do noso grupo municipal dita moción ao pleno, convencidos da importancia da mesma e onde xa fumos a única forza política que se pronunciou en varias ocasións en contra de tal medida, mais tamén entendemos que a importancia da mesma sobrepasa incluso a propia temática concreta debido a que o que estamos defendendo a maiores é que non se lle neguen dereitos á cidadanía e non ter unha democracia amordazada polo PP.
Por isto, queremos plasmar integramente o texto da Moción Cidadá nesta moción do BNG, para que este Goberno covarde non poida evitar un debate que reclaman e está lexitimado por máis de 400 veciños e veciñas.
“Ante a recente remodelación da Rúa Arenal feita polo Concello, o espazo para aparcar os nosos
coches é prácticamente inexistente.
O Concello quixo “rehabilitar” unha rúa que, a pesar dos seus defectos, era funcional para os
veciños e veciñas.
En vez de solucionar problemas, crearon outros. Como a inseguridade que temos para saír á
rúa dende os garaxes. Non hai visibilidade en varios deles e hai que aventurarse á estrada, co
perigo que conleva.
Fixeron unhas beirarrúas extremadamente anchas pero apenas hai beiravías. Diante dos
garaxes non hai ningunha. Co que se un veciño ou veciña quere deixar o seu coche diante do
seu vado para deixar cousas ou a persoas con movilidade reducida, arríscase a recibir unha multa,
xa que está ocupando a beirarrúa.
As veciñas e veciños que, coas nosas firmas, apoiamos esta moción, non estamos en contra do
avance nin de mellorar as rúas de Lalín.
Estamos en contra da considerable merma de zona de estacionamento.
Estamos en contra de que se nos limite o tempo para poder aparcar os nosos coches preto das nosas
vivendas.
Estamos en contra da imposición da ZONA AZUL na rúa Arenal. Consideramos que é un trastorno
para seguir coa nosa vida na rúa tal e como levabamos facendo.
Estamos en contra de que nos impoñan unhas condicións que, en ningún caso, se falaron coa
maioría de veciñas e veciños da rúa Arenal.
Estamos en contra da inseguridade para utilizar os garaxes cun mínimo de tranquilidade, sen vernos
expostos, en moitos casos, a ter un accidente.