VILARIÑO APOSTA POR PROMOVER A PARTICIPACIÓN E FOMENTAR A CULTURA EN LALÍN

O BNG DE LALÍN PROPÓN A CREACIÓN DO CONSELLO MUNICIPAL DA CULTURA

Concello de Lalín
Concello de Lalín
O BNG DE LALÍN PROPÓN A CREACIÓN DO CONSELLO MUNICIPAL DA CULTURA

 

 

 

 

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín aposta pola creación dun Consello Municipal de Cultura. Para o seu voceiro municipal, Paco Vilariño,  sería un órgano de participación cidadá, de natureza consultiva, informativa e asesoramento, e cun obxectivo e finalidade claro, facilitar a participación da cidadanía e canalizar a información das entidades asociativas de carácter cultural nos asuntos municipais nesta materia.

 

Móstranse desde o BNG moi críticos co que califican de pírrica e nefasta a política en materia cultural en Lalín, polo que apostan, para darlle un cambio de 180 grados, pola posta en marcha deste organismo para outogar voz ao sector cultural, pasando a formar parte da acción municipal coas súas achegas directas.

 

Para o BNG sería un órgano que axudaría dun xeito determinante a mudar un dos principais problemas que ten a cultura no noso concello como é o feble movemento asociativo existente, evidentemente como resultado dunha política de fomento do mesmo nula por parte de Crespo, para Vilariño sería unha ferramenta fundamental para dinamizar a creación de entidades culturais.

 

A maiores, recollen os nacionalistas unha serie de obxectivos que avalaría a súa proposta tanto, no casco urbano como nas distintas parroquias de Lalín, como parte dunha visión integradora e global para o conxunto da cidadanía:

 

- Coñecer, debater e opinar sobre as diferentes políticas culturais que desarrolla o Concello para garantizar a participación da cidadanía na mellora das políticas culturais municipais.

- Defensa a promoción da lingua galega.

- Velar pola defensa e estudio do patrimonio cultural, artístico e histórico de Lalín.

- Promover a coordinación entre os sectores da cultura e a cidadanía en xeral.

- Configurarse como a ferramenta vertebradora para impulsar, coordinar e difundir unha axenda cultural estable ao longo do ano nas nosas parroquias e vila.

- Constituírse en observatorio da vida cultural do concello e promover o debate.

 

Vilariño fai fincapé en que a súa viabilidade depende única e exclusivamente de que exista por parte do PP vontade política para facela realidade, xa que formarían parte do Consello Municipal da Cultura todas as asociacións e entidades culturais que existan en Lalín e un representante dos partidos políticos con representación municipal.

O BNG DE LALÍN PROPÓN A CREACIÓN DO CONSELLO MUNICIPAL DA CULTURA