O GOBERNO DE CRESPO TRAMITOU AS SUBVENCIÓNS DESTE TIPO NO MES DE DECEMBRO PASADO E PAGOUNAS EN XANEIRO DE 2026

O BNG de Lalín propón anticipar as convocatorias de subvencións municipais a entidades sen ánimo de lucro

Mari Fernández pide tramitar as axudas no primeiro trimestre para evitar demoras que “estrangulan economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos.
O BNG de Lalín propón anticipar as convocatorias de subvencións municipais a entidades sen ánimo de lucro

 

 

 

O Bloque Nacionalista Galego reclama anticipar a convocatoria e aprobación das distintas subvencións municipais destinadas a entidades sen ánimo de lucro de Lalín. Os nacionalistas piden tramitar as axudas no primeiro trimestre de ano para evitar as demoras de exercicios anteriores que supoñen “estrangular economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos da cidade.

 

“Estes ingresos son mesmo vitais para garantir que o tecido asociativo poida seguir a desenvolver a súa actividade no ámbito deportivo, social veciñal ou cultural, que ten un evidente interese público e da que se benefician o conxunto da veciñanza de Lalín”, defendeu a responsable local do BNG de Lalín, Mari Fernández Sanmartín..

 

A responsable nacionalista puxo en valor o traballo esencial do tecido asociativo á hora de “cubrir as carencias” do Goberno municipal en moitos ámbitos. “Un labor que se desenvolve sobre a achega xenerosa e desinteresada de persoas voluntarias que traballan de maneira gratuíta desenvolvendo un grande esforzo colectivo en favor do ben común”.

 

Desde o BNG cualificaron nese sentido de “inaceptable” as situacións vividas nos útlimos anos pola demora na tramitación destas axudas. É así, que as correspondentes ao ano pasado (2025), no caso das subvencións e entidades, por exemplo deportivas ou sociais, no que se tramitaron ao rematar o ano (mes de decembro) e pagáronse hai poucos días, é dicir, no ano 2025, afeou Mari Fernández, “forzando unha xustificación exprés e atrasando o abono polo peche do exercicio fiscal”.

 

 

Estabilidade para o tecido asociativo.

 

A responsable local do Bloque asegurou que axilizar as convocatorias e tramitación destas subvencións vai dar “estabilidade e certeza” ás entidades sen ánimo de lucro, ademais de ser unha obriga facilitar e promover a actividade do tecido asociativo lalinense. “Nun momento no que o Concello conta co orzamento máis altos da súa historia non hai xustificación para estas demoras tan lesivas, afirmou fernández Sanmartín.

 

A fronte nacionalista acusou deste xeito a falla de xestión de Crespo como un “atranco” para o traballo das entidades. “Esta medida o único que esixe é dun Goberno municipal que actúe como tal e non como unha axencia de publicidade para autobombo e propaganda, remachou a responsable local.

O BNG de Lalín propón anticipar as convocatorias de subvencións municipais a entidades sen ánimo de lucro