VILARIÑO: “É RESULTADO DO USO IRRESPONSABLE E PARTIDISTA DOS CARTOS PÚBLICOS”.

O BNG DE LALÍN DESVELA A ESCANDALOSA DÉBEDA MUNICPAL DE 7.690.506,57€.

Concello de Lalín
Concello de Lalín
O BNG DE LALÍN DESVELA A ESCANDALOSA DÉBEDA MUNICPAL DE 7.690.506,57€.

 

ENTIDADE

ANO  OPERACIÓN

PRAZO AMORTIZACIÓN

CAPITAL INICIAL

CAPITAL PENDENTES

BANCO SABADELL

2017

10 ANOS

965.664,00€

271.593,00€

 

 

 

 

 

CAJA RURAL

2021

10 ANOS

592.506,55€

444.379,92€

 

2021

10 ANOS

828.537,96€

621.403,48€

 

2022

15 ANOS

1.131.217,66€

1.044.200,92€

 

2022

15 ANOS

451.589,77€

416,852,10€

 

2022

15 ANOS

825.204,39€

761.727,13€

 

 

 

 

 

CAIXABANK

2022

15 ANOS

1.370.000,00€

1.264.615,38€

 

2022

15 ANOS

3.130.000,00€

2.865.734,64€

 

 

 

 

 

ABANCA

2023

15 ANOS

305.646,85€

 

 

2023

15 ANOS

1.141.516,66€

 

 

 

 

 

 

TOTAL:

 

 

 

7.690.506,57€

 

 

O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, indicou que grazas ao traballo do BNG, e diante da negativa sistemática por parte do PP a facer públicos os datos da débeda pública que ten o Concello de Lalín, a cidadanía pode ser coñecedora da gravísima situación económica na que se atopan as arcas municipais do Concello, cunha débeda total de 7.690.506,75€.

 

Afirman os nacionalistas que este é o resultado dunha política baseada no derroche máis irresponsable de recursos públicos e na utilización dos cartos de toda a veciñanza en beneficio do PP e dos seus amigos, enmarcada como se pode comprobar nos anos de xeración da débeda, nun uso perverso das arcas municipais para utilizalos en favor do PP como se fixo na anterior campaña das eleccións municipais.

 

Resultado desta gravísima realidade na que nos sumíu o PP a todos os veciños e veciñas é a espectacular suba dos intereses e das amortizacións. A suma do Capítulo III (Intereses) que sobe nunha porcentaxe superior ao 1100% e a do Capítulo IX (Amortizacións) que sobe nun 147%. Concretado en cifras, o Concello de Lalín pagou no ano 2023 a cantidade de 25.124,12€ en concepto de intereses pagados por operacións de crédito, pasando no seguinte ano 2024, a pagar a cifra de 370.135,15€, datos que reflicten ás claras a cantidade obscena que nos dous últimos anos (2023 e 2024) a veciñanza de Lalín pagou aos bancos en xuros e amortizacións: nen máis nen menos que 395.259,27€, afirma o voceiro nacionalista.

 

Vilariño tamén devela que hai dúas semanas o Concello de Lalín amortizou íntegro, con cargo a parte dos remanentes de tesourería, os dous cretos que tiña coa ABANCA (datos que reflicte o cadro financieiro anterior) e 25.454,38€ do creto correspondente a Caixabank.

 

Apuntan desde a fronte nacionalista que a sociedade está sufrindo as nefastas políticas económicas do PP diante desta situación de endebedamento. Por un lado, soben dun xeito exponencial os impostos, taxas e prezos públicos á cidadanía: o IBI nun 25%, recuperan o imposto de Plusvalías e tamén o do ICIO, soben a auga, lixo, terrazas, etc. Vilariño fai fincapé que estas decisións de aumentar a presión fiscal dun xeiro exponencial o que está supoñendo é restarlle capacidade á economía familiar dos nosos veciños e veciñas.

 

Mais se isto non fóse pouco para os nacionalistas, critican que por outro lado, venden o patrimonio público para pagar así unha parte dos seus proxectos faraónicos como é a Gran Praza

 

Clara mostra que existe para o BNG outro xeito radicalmente oposto ao do PP de gobernar, lembra Vilariño, que cando deixaron o Goberno, non só sanearon as arcas municipais da mala situación na que as atoparon, senón, que deixaron a débeda a 0 e máis de 6 millóns en caixa.

 

Para o BNG é inaudito que diante desta situación “de coma financieiro”, o Goberno municipal teña a desfachatez de aumentarse exponencialmente os seus xa elevadísimos salarios, supoñendo un importe anual de 649.589€, o que amosa unha falta de sensibilidade absoluta cos enormes problemas económicos que está pasando a maioría da cidadanía e que supón ter un goberno que nos vai costar a todos os veciños a frioleira de máis de 4 millóns de euros neste mandato.

 

Destaca o BNG, que partindo do relatado anteriormente, resulta máis doloroso aínda ver a destacada baixada das partidas para gasto social, entidades sen ánimo de lucro, clubes deportivos, asociacións, etc, iso si, os chiringuitos dos seus amigos seguen intactos, afirma Vilariño.

 

Para rematar sinala Vilariño,que tendo unha débeda tan desorbitada como é   7.690.506,57€, pídelle ao PP que sexa responsable e realista cos cartos que son de todos e todas as veciñas e reflexione cara onde nos levan, polo que lle esixe un cambio radical á hora de xestionar os recursos públicos baseado na transparencia, no interés xeral e onde a xente sexa o prioritario.

O BNG DE LALÍN DESVELA A ESCANDALOSA DÉBEDA MUNICPAL DE 7.690.506,57€.