MARI FERNÁNDEZ: “A ACCESIBILIDADE NON É UN LUXO, É UN DEREITO”

O BNG de Lalín denuncia o mal estado das beirarrúas e esixe actuacións urxentes

Beirrúas en Pintor Laxeiro
Beirrúas en Pintor Laxeiro
O BNG de Lalín denuncia o mal estado das beirarrúas e esixe actuacións urxentes

 

O Bloque Nacionalista Galego de Lalín vén de denunciar o grave deterioro das beirarrúas en distintas zonas do concello, entre elas, a modo de exemplo citan a rúa da Ponte, r/ Pintor Laxeiro e r/ Alcalde Ferreiro, en calquera das parroquias onde existan, etc e instan ao PP a acometer de maneira inmediata un plan integral de arranxo das beirarrúas do caso urbano e das parroquias, dado o seu preocupante estado de abandono e deterioro.

 

A formación nacionalista recolle así as queixas de numerosos veciños e veciñas que alertan sobre lousas soltas, fochancas e desniveis perigosos que levan tempo sen ser reparados polo Concello. Segundo afirma a Responsable Local do BNG, Mari Fernández, “non se trata dun feito puntual, senón dunha situación prolongada no tempo que supón un risco real para a cidadanía, especialmente para as persoas máis vulnerables: maiores, crianzas, persoas con diversidade funcional ou con mobilidade reducida, o que evidencia o abandono no mantemento do espazo público por parte do goberno local”.

 

Desde o BNG lembran que estas deficiencias xa provocaron caídas e lesións a varias persoas, algunhas das cales chegaron mesmo a presentar denuncias formais contra o Concello despois de terlle provocado lesións e ter que ser atendidos no CIS ou incluso no CHUS. “É inaceptable que en pleno 2025 a veciñanza teña que camiñar con medo por beirarrúas en tan mal estado, o goberno municipal non pode seguir mirando para outro lado”, engade Mari Fernández.

 

A formación nacionalista insiste en que o estado destas rúas vulnera os dereitos de accesibilidade de moitas persoas, especialmente maiores ou con mobilidade reducida, e urxe ao Concello a que acometa de inmediato as reparacións necesarias. O BNG de Lalín anuncia que levará este asunto ao próximo pleno municipal e presentará unha iniciativa instando ao goberno local a actuar con urxencia. “Estamos ante unha cuestión importante para garantir a seguridade viaria e a mobilidade das persoas que non admite máis demora”, conclúe Mari Fernández. 

O BNG de Lalín denuncia o mal estado das beirarrúas e esixe actuacións urxentes