O PAC DE LALÍN QUEDA DESATENDIDO DURANTE HORAS POR FALLA DE PROFESIONAIS

O BNG DE LALÍN DENUNCIA A FALLA DE MÉDICOS NO PAC

asada
Representantes do BNG de Lalín
O BNG DE LALÍN DENUNCIA A FALLA DE MÉDICOS NO PAC

Dende o BNG lalinense denuncian que o servizo do PAC de
Lalín, sufre frecuentemente a falla de médicos, quedando desatendido durante varias
horas polas tardes e noites ao ausentarse os sanitarios e sanitarias por mor de urxencias
domiciliarias e hospitalarias.
Cualifican desde a organización nacinalistas lalinense este feito de gravísimo” e lembra
que é urxente tomar medidas porque “estamos a falar de vidas humanas”, que “non
podendepender do factor sorte”.
Varios veciños e veciñas puxéronse en contacto esta semana con membros do BNG para
alertar da falla de médicos no PAC, co perigo que iso conleva no caso dunha urxencia que
chegue alí en horario de tardec ou noite. Nesta semana comunicáronlle a membros do
partido nacionalista que sufriron unha total desatención ao atoparse un dos médicos de
camiño a Santiago na ambulancia e outro nunha urxencia domiciliaria. Tras agardar con
dous menores no PAC, un dos veciños acudiu a unha clínica privada para non ter que
achegarse ao CHUS co seu bebé e outro agardou durante horas a chegada dos
sanitarios.
Lembran os nacionalistas que a asistencia urxente é clave para reducir a mortalidade
diante de episodios como ictus, una parada cardiorrespiratoria, un politraumatizado ou un
infarto. Nestos casos os tempos, estimados dependiendo da doenza entre 15 minutos a
una hora, son claves para que o paciente poda salvar a súa vida ou non quedar con
graves secuelas.
Apuntan desdeo BNG que “isto xa non é algo puntual, senón usual”. Ao tempo lembran a
importancia que ten o PAC na atención sanitaria da zona, xa que atende a catro
municipios como son Lalín, Agolada, Rodeiro e Dozón cunha poboación elevada, dispersa
e envellecida. Ademais, agás o de Santiago, é o que ten un maior número de usuarios na
área sanitaria cifrándose nunha media ao ano de 20.000 asistencias.
Dende o BNG poñen o obxectivo na total falla de atención sanitaria que sufren os
lalinenses, aos que xa se lle negou tanto o servizo de pediatría en horario de tarde, coma
a presenza dunha nova ambulancia medicalizada. Apuntan desde do BNG “ a unha
situación inadmisible que pon en risco a saúde de todos os veciños e veciñas, que se
atopan desprotexidos ante unha urxencia pola desatención e o desinterés do goberno
lalinense á hora de solicitarlle á Xunta que o servizo se adapte a realidade da nosa vila e,
no caso da pediatría, das vilas limítrofes”.

Lembran que hai máis dun ano que se aprobou no pleno municipal unha moción do BNG
para pedir que se completaran os equipos do PAC con, cando menos, un enfermeiro ou
enfermeira máis sen ter resposta a día de hoxe por parte da Xunta. En calquera caso
urxen a tomar medidas “porque, se non, están privando á cidadanía dun servizo
fundamental para que non haxa que trasladarse a Compostela, o que tamén satura no
CHUS as urxencias.
A sittuación agrávase cando, tras o pleno do pasado venres, o alcalde recoñecía que non
sabe canto vai tardar en amañarse o problema do suministro eléctrico no novo CIS,
motivo polo cal non está aínda en funcionamento, a pesares de que se comprometeran en
que a finais de marzo teriamos as instalacións funcionando, máis de tres anos despois do
seu primeiro anuncio d apertura. Dende o bloque insisten en que, malia que precisabamos
dita mellora nas instalacións xa que as outras se abandonaron ata que o estado é
perigoso para o seu uso, o que máis se precisa é que se dote de servizos e
especialidades ao centro, ao igual que de profesionais, para que casos coma os desta
semana non volvan suceder, garantindo unha atención de calidade para todas e todos os
veciños.
Para o BNG estas son as consecuencias dunha nefasta política de recortes en sanidade
do PP, que está condeando á cidadanía de Lalín a non ter una atención pública de
calidade, deixándolle en moitos casos a única saída de verse condeada a ir á privada, se
evidentemente a súa situación económica o pode permitir”.
“Isto non pode seguir así”, conclúen, “non poden seguir xogando coas vidas da veciñanza
e non pode pasar un día máis sen que se poñan os medios para que a veciñanza teña
unha cobertura de calidade”.

O BNG DE LALÍN DENUNCIA A FALLA DE MÉDICOS NO PAC