PACO VILARIÑO CRITICA O DESLEIXO DO GOBERNO LOCAL E AS SUAS CONSECUECIAS

O BNG de Lalín denuncia o estado de abandono “lamentable” do parque de Loriga

Representantes do Consello Local analizando o estado do Parque
Representantes do Consello Local analizando o estado do Parque
O BNG de Lalín denuncia o estado de abandono “lamentable” do parque de Loriga

 

O BNG de Lalín denuncia “o estado de abandono lamentable” no que se atopa o parque ubicado detrás das estatua de Loriga, en pleno centro de Lalín. Logo de recibir queixas da veciñanza, unha representación local do BNG desprazazouse á zona para comprobar in situ as numerosas eivas e desperfectos que ten este espazo público, moi empregado pola súa ubicación e características por xente maior que aproveita este espazo no seu tempo de lecer. Lamentablemente, o estado en que se atopa mesmo ten provocado que na zona se produciran xa varias caídas de  persoas, a última unha muller de avanzada idade hai 15 días que sufriu lesións a consecuencia do lamentable estado do firme. Paco Vilariño denuncia que logo do acontecido con esta persoa “o concello de Lalín limitouse a poñer no lugar da caída 3 conos que seguen alí quince días despois”.

O BNG de Lalín critica tamén que neste parque o “abandono” por parte do goberno local do PP chega ao extremo de atoparse numerosas lousas rotas, mobiliario urbano, como farolas, e papeleiras corroído polo óxido, maleza sen cortar, árbores sen coidado, zonas extensas sen herba e mesmo paneis informativos ilexibles pola acumulación de suciedade. Vilariño sinala que “é moi significativo do desleixo do goberno de Crespo o feito de que se atope neste estado penoso un espazo público no centro da vila que é moi empregado e que require dunha especial atención por ser a maioría dos seus usuarios xente maior”.

Para o BNG de Lalín, atopar nunha papeleira deste parque “unha mangueira de corriente eléctrica” é tamén exemplo das gravidade da situación e os perigos aos que a falta de coidado e mantemento do goberno do PP expón á veciñanza. A propia estatua de Loriga, denuncian os nacionalistas, “ten maleza e está descoidada”, os bancos ubicados na zona non se poden utilizar pola suciedade que acumulan e o campo de petanca “está en condicións deplorables”, segundo comprobou o BNG de Lalín esta fin de semana na zona.

Desde o BNG esixen ao goberno de Crespo “que dunha vez por todas escoite as queixas e demandas da veciñanza”. Paco Vilariño considera “un delirio máis do alcalde” que estea a elaborar un proxecto de mobilidade para o centro da vila “cando nin sequera é capaz de coidar os poucos espazos verdes dos que desfrutan as veciñas e veciños”. Por

 

iso, recoméndalle ao rexedor que “ademáis de viaxar tanto a Madrid se pasee de vez en cando por Lalín e comprobe sobre o terreo que a realidade da vila é ben distinta da que vende nos medios de comunicación”.

 

 

 

 

O BNG de Lalín denuncia o estado de abandono “lamentable” do parque de Loriga