PACO VILARIÑO: "NON É DE RECIBO QUE SE COBRE O MES ENTEIRO CANDO A METADE DO TEMPO A INSTALACIÓN ESTIVO PECHADA"

O BNG de Lalín denuncia o cobro íntegro das cotas do Lalín Arena a pesar de permanecer pechado máis da metade do mes de agosto

O BNG de Lalín denuncia o cobro íntegro das cotas do Lalín Arena a pesar de permanecer pechado máis da metade do mes de agosto

 

 

A formación nacionalista faise eco das numerosas queixas de usuarios e usuarias do Lalín Arena que se dirixiron a eles para manifestarlle o seu malestar tras comprobar que el Concello de Lalín ven de cobrar a cota mensual de agosto de maneira íntegra, a pesar de que a instalación deportiva permaneceu pechada entre os días 1 e 17 dese mes.

O seu voceiro municipal, Paco Vilariño, denuncia que o peche prolongado deixou sen servizo a centos de persoas que pagan puntualmente a súa cota e que consideran un abuso cobrar por un servizo que non se prestou.

"Non é de recibo que se cobre o mes enteiro cando a metade do tempo a instalación estivo pechada", afirma Paco Vilariño.

Desde a organización nacionalistas lembran que o cobro íntegro destas cotas, pese ao peche da instalación, deriva da modificación da correspondente ordenanza fiscal, aprobada no Pleno Municipal de outubro de 2024. Esa modificación fiscal, aprobada polo Partido Popular, cos votos en contra dos concelleiros do Bloque Nacionalista Galego, establece que “Non dará dereito á devolución nin compensación de ningún tipo nos prezos públicos xa abonados polos usuarios, no caso de peche das instalacións deportivas no período estival e peches en datas festivas”.

Dende o BNG de Lalín, lembran que o Lalín Arena é un espacio municipal, feito e financiado en boa medida con fondos públicos, polo que entenden que debería prevalecer a transparencia e a xustiza no cobro das cotas e, pese ao anterior, solicitan que se proceda a unha compensación inmediata, xa sexa mediante una devolución proporcional da cota cobrada sen ter prestado o servizo ou deducindo o importe correspondente na próxima mensualidade.

Con este novo episodio, unha vez máis, para o BNG ponse de manifesto a nefasta xestión que o Goberno Municipal do Partido Popular ven levando a cabo no Lalín Arena, una infraestrutura que debería ser un referente deportivo e social para o noso concello, pero que acumula no tempo multitude de queixas e reclamacións relacionadas coa súa xestión e funcionamento.

 

O BNG de Lalín denuncia o cobro íntegro das cotas do Lalín Arena a pesar de permanecer pechado máis da metade do mes de agosto