O BNG de Lalín aposta por unha Rede de Transporte rural

Mari Fernández solicita que a veciñanza das parroquias conte cunha vertebración con servizos en todo o territorio municipal
O BNG de Lalín aposta por unha Rede de Transporte rural



 O BNG de Lalín tén expresado o seu compromiso político de igualar dunha vez á veciñanza lalinense que reside no casco urbano con aqueles que viven ou traballan nas parroquias do rural. Este compromiso quedou claro no ofrecemento dun Pacto Local polo Rural feito polo BNG en reiteradas ocasións. Diante da falta de compromiso do PP, o BNG da un paso adiante no seu compromiso co rural e solicita a posta en marcha dende o goberno municipal dunha rede de transporte no rural do noso concello.

Diante das promesas baleiras dos que só miran cara a noso rural cando hai eleccións, o BNG demanda a posta en marcha dun auténtico programa de medidas que logren, dunha vez por todas, igualar en servizos e calidade de vida a todos os lalinenses, independentemente da parroquia na que vivan. A responsable local, Mari Fernández Sanmartín, destacou a importancia da mobilidade nestes núcleos, nos que residen e traballan en Lalín máis de 9.000 persoas.

Segundo o deseño deste servizo básico feito polo BNG, é fundamental a mobilidade entre o rural e o casco urbano de Lalín, pero non é menos importante garantir a mobilidade entre as parroquias do rural. Por iso Mari Fernández destaca que “o BNG entende Lalín coma un todo, diverso pero un todo no que uns precisamos doutros e garantir a vertebración do noso territorio é un obxectivo irrenunciable dun goberno de Lalín responsable”.

 

“Parches electoralistas”

O responsable nacionalista critica os “parches dos gobernos do PP no Concello e na Xunta” para ofrecer un servizo aos veciños e veciñas do rural de Lalín “que fai augas por todos lados”. De feito, Mari Fernández reprocha ao PP “que só se acorda do rural de Lalín unha vez cada catro anos, e a escasos dous meses das eleccións, para anunciar máis parches co transporte escolar ou liñas cara Santiago”, finalizou diciendo que ten “que rematar o tempo de tratar a rural de Lalín coma veciñanza de segunda.

 

O BNG de Lalín aposta por unha Rede de Transporte rural