O BNG denuncia que o ambulatorio leva unha semana sen servizo de radioloxía.
O BNG de Lalín denuncia un novo “despropósito” da Xunta de Galiza e o Sergas coa veciñanza. Segundo queixas recibidas pola veciñanza, o voceiro nacionalista, Paco Vilariño, vén de coñecer que dende o pasado xoves o servizo de radioloxía do ambulatorio de Lalín está sen funcionar pola avaría da máquina coa que se realizan as placas e radiografías neste centro sanitario.
Diante deste novo problema sanitario na zona, nin o Concello nin o Sergas foron quen de poner solución alguna sobre a mesa, o que está a obrigar aos pacientes que precisan deste servizo a acudir á sanidade privada, agardar e adiar as súas citas até que volte a funcionar o servizo ou acudir por Urxencias ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Vai alá case unha semana, critica Vilariño, “sen que o Concello reclame ao Sergas que amañe de inmediato este problema”, se sen que o Sergas dea unha resposta urxente a unha situación que “empeora máis se cabe os xa servizos sanitarios precarios que ten Lalín”. Denuncia o BNG que o feito de que o ambulatorio leve case unha semana sen poder facer placas está a provocar ademáis que nos casos máis graves (coma urxencias e caídas) a única ambulancia de Lalín “non pode pedir in situ unha placa para saber si hai ou non rotura” polo que ten que trasladar a Santiago a todos estes pacientes “deixando a Lalín e ás zonas do seu servizo sen servizo de ambulancia” cada vez que esto acontece.
O BNG de Lalín denuncia ademáis que “o colmo do despropósito” é que os martes un traumatólogo se despraza a Lalín para avaliar radiografías e pasar consulta, “pero como leva case unha semana sin prestarse este servizo”, denuncia Vilariño, hoxe todos os pacientes pendentes dunha radiografía Terán que voltar a pedir cita para estas probas e outra nova cita de consulta, “ou ben marchar directamente a Santiago, co perxuízo que eso supón en moitos casos para os usuarios dunha sanidade que en Lalín
está chegando xa ao punto de ser inexistente”.
Vilariño critica ademáis “o pasotismo e a deixadez” tanto do Concello de Lalín coma da Xunta da Galiza, que “xa non só non son quen de cubrir demandas e promesas electorais coma a ambulancia medicalizada, a ambulancia de 12 horas, o servizo de pediatría polas tardes ou mesmo abrir o CIS que vai camiño dos 4 anos de retraso”.
Agora a maiores, segundo denuncia o BNG de Lalín, un servizo tan importante coma o de Radioloxía, que atende aos perto de 40.000 habitantes dos concellos de toda a Comarca do Deza “está a afectar gravemente”, xa que a demanda que tiña cando o servizo estaba operativo era tal que se prestaba de 9 da mañá a 9 da noite, cunha media superior a 50 paciente diarios.
Diante das denuncias por parte dos afectados, recollidas de novo polo BNG de Lalín, Vilariño insta ao alcalde “a exercer coma tal e tomar cartas no asunto dunha vez. Paco Vilariño considera “inadmisible” que a veciñanza fique indefensa durante perto dunha semana sen un servizo sanitario básico “sen que alcalde e Sergas se inmuten”.