O BNG DENUNCIA O COLAPSO DO SERVIZO DE PEDIATRÍA NO CIS
PARA OS NACIONALISTAS É INADMISIBLE QUE ATÉ O 7 DE DECEMBRO O CIS CONTARÁ CUNHA SOA PEDIATRA.
DESVELAN QUE AS CITAS PARA CONSULTA TARDAN MÁIS DUNHA SEMANA E PARA CONTROL DE IDADE 20 DÍAS.
O BNG de Lalín lamenta que o CIS de Lalín vén sendo noticia desde a súa inaguración polas evidentes carencias que presenta, entre moitas outras, e saturación existente no servizo de Pediatría. Para os nacionalistas é insoportable a realidade que padecen os pais e nais de Lalín, pois na actualidade conta con tres pediatras en xornada de mañá, das cales unha delas desprázase dous días á semana a Rodeiro un par de horas o que conleva que o sevizo quede aínda máis minguado.
Desde o BNG informan que foron varias as nais e pais que se dirixiron estos días a eles para informalos e amosarlle o seu enfado pola situación que se está a dar nestas datas neste servizo tan sensible pola franxa de idade ao que vai dirixido. O mal estar débese a que na maioría das pediatras a cita para “consulta de enfermidade” non é posible até como mínimo unha semana despois, e para “control de idade”, no mellor dos casos, o tempo de garda é de 20 días, xa que dependendo da facultiva hai casos nos que resulta imposible pedir cita por telas completas até rematar o ano, e a maiores atópanse coa axenda pechada, o que impide pedir ou saber cando tes disponobilidade para o vindeiro ano.
Destacan desde o BNG que no inverno, por cuestións climatolóxicas evidentes, a demanda e necesidade é moito maior que noutras datas do ano para o que pode ser unha cita por enfermidade, polo que critican que non é asumible ter que agardar para a mesma máis dunha semana como está acontecendo en moitos nenos e nenas a día de hoxe. Tamén destacan a inasumible lista de garda para realizar o Control de Idade pola importancia que este ten ao longo dos primeiros 14 anos de vida, xa que son revisións moi importantes para saber por exemplo e están medrando de forma saudable. Nestas revisións, a médica, evalúase o medre, é dicir, peso e altura, o desenrolo motor e ademáis, chequéase o oído, dentes e vista dos nenos e nenas. A maiores da parte física, a pediatra tamén analiza a linguaxe e as habilidades sociais das nenas e nenos. E o máis importante, actualiza o calendario de vacinas en función á idade que teñan.
Afirma Vilariño que son impresentables estos tempos de garda, máis aínda nestas datas cando moitos pais e nais teñen días no seu traballo e os nenos e nenas están de vacacións polo que resulta unha época propicia na que moitas familias aproveitaban para facer o Control de Idade correspondente.
Apunta o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que a carga de traballo que teñen as pediatras é altísima debido ao elevado número de pacientes que atenden diariamente e a complexidade de ditas consultas tanto no relativo a tempo de atención necesario como a todo o abano médico de atención que require xa que estas profesionais realizan diagnósticos e tratamentos das patoloxías propias destas idades, ademais coordinan actividades de promoción e prevención que permiten realizar unha asistencia médica integral, e se é necesario brindan atención continúa cando se atopa algunha anormalidade no desenrolo.
Desde o BNG denuncian que até o día 7 de xaneio o CIS contará cunha soa pediatra, o que supón unha situación dramática debido a que en casos de enfermidade teñan que agardar varias horas a ser atendidos pola falta de pediatras sen cubrir, ou senón, ter que marchar para o CHUS debido á inexistencia de facultativos, realidade esta contraria á máis mínima praxe axeitada ao protocolo dunha atención digna, producto dunha situación de sobrecarga de traballo, derivada da falta de persoal humano e da negativa a cubrir as baixas ou vacacións ás que teñen dereito as profesionais.
Desde o BNG lalinense lembran, que é fundamental contar cun servizo de pediatría pola tarde, sen recortar o de mañá, algo que veñen demandando desde hai anos, e que como é evidente a Xunta de Galiza nega ao noso concello, unha demanda que se fai moi necesaria para moitísimas nais e pais que ven como polo tarde e noite só lles queda a posibilidade de acudir ao CHUS ou de ir á privada quen ten capacidade económica de facelo.
Anuncian, unha vez máis, que presentarán a través de Ariadna Fernández, concelleira e deputada, unha serie de iniciativas no Parlamento Galego para demandar unha solución definitiva a este problema, xa que para os nacionalistas o único que se precisa para porlle fin é ter vontade política, algo que se demostrou sobradamente que non existe por parte do PP, afirma Ariadna Fernández.
Para finalizar, os nacionalistas esíxenlle ao goberno municipal que deixe de defender os intereses do PP na Xunta, e se poña do lado das nais e pais que sofren a diario esta penosa e gravísima realidade, esixíndolle ao SERGAS que non permita que esta situación perdure no tempo nin un segundo máis.