PACO VILARIÑO ACUSA A CRESPO “DE MENTIR EN CAMPAÑA E QUE OS LALINENSES PAGUEN O DESPILFARRO DA SÚA PÉSIMA XESTIÓN”

O BNG denuncia o atraco que supón o IBI

O BNG denuncia o atraco que supón o IBI

 

 

O BNG de Lalín denuncia o atraco que supón para os petos da cidadanía a suba do IBI que o goberno municipal do PP aprobou no pleno do 27 de outubro do 2023. O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, lembra que o BNG xa se  “opuxo frontalmente” a este “novo saqueo” que se plasma nestas datas coa chegada das cartas de pago e o cargo en conta do imposto aos veciños e veciñas.

Sinala Vilariño que estos días son moitos os lalinenses que lle expresaron o seu asombro e malestar cando ven o aumento exponencial do IBI das súas propiedades. Lembra que é agora cando a cidadanía se da conta de como e para quen goberna o PP, xa que o periodo de cobranza deste imposto iniciouse o 29 de xullo e remata o 7 de novembro.

Vilariño afirma que esta suba impositiva que aprobou o PP, baseada en pasar o tipo impositivo do 0,4 ao 0,5 traduciuse “nun pau a maiores para as economías familiares dos veciños e veciñas”, que xa están a sufrir dificultades económicas evidentes, xa que dito cambio de tipo impositivo supón, nen máis nen menos, que unha suba lineal a toda a veciñanza do 25%. O BNG considera “unha desvergoña” que o PP de Lalín “non só non toma nin unha soa medida social de apoio ás familias, senón que por riba decide subir impostos para agravar aínda máis as súas economías”.

Desde o BNG cuantifican esta inasumible suba en 766.000 euros, ao pasar a recaudación do ano 2023 (co tipo impositivo ao 0,4) de 3.196.073,23 euros a 3.962.249,67 no ano 2024, e practicamente igual vai ser no 2025 (co tipo ao 0,5).

Nos dous primeiros anos de mandato, o  goberno de Crespo “non fixo máis que enganar á veciñanza”. Paco Vilariño lembra que na campaña electoral “nada dixo o PP de subir os impostos municipais”. Gañadas as eleccións “o primeiro que fixeron foi subirse, aínda máis, os soldos e manter unha empresa de colocación entre concelleiros e asesores que nos vai a custar aos veciños e veciñas máis de 2 millóns de euros”. E agora, Vilariño denuncia que ”para pagar estos soldos millonarios o PP mete de novo a man no peto dos lalinenses”, lembrando que non só no IBI, senón que recuperando outros dos impostos que non existían como é o ICIO e as Plusvalías. Un ICIO polo que se  recaudou no último exercizo 407.420,26 euros ou no caso das plusvalías 26.420 euros.

 

 

 

Segundo critica o BNG, “o goberno do PP de Lalín pretende facer pagar aos veciños e veciñas a súa pésima xestión, logo de convertirse nunha empresa de contratación de amigos e unha inmobiliaria cos cartos de toda a cidadanía”.

Afirma o nacionalista que non pode ser que sexa a veciñanza quen teña que soportar esa nefasta xestión que nos levou a ter a día de hoxe unha débeda de máis de 7 millóns de €, e lembra que cando eles deixaron o  goberno a débeda era de 0 € e case 6 millóns quedaron nas arcas municipais.

Vilariño lémbralle ao alcalde que “un goberno responsable fai políticas para mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus veciños, non sube os impostos para afogalos aínda máis”.

 

 

 

 

 

 

O BNG denuncia o atraco que supón o IBI