O BNG CALIFICA DE DECEPCIONANTE A XUNTA DE SEGURIDADE
Desde o BNG tachan de hipócritas e mentireiros ao PP e instan á Subdelegación do Goberno a tomar medidas inmediatas e non só boas palabras.
Desde o BNG califican de decepcionante a Xunta de Seguridade celebrada a pasada semana, onde primou máis botar balóns fóra que realmente tomar medidas reais que poña fin a unha situación insostible de inseguridade que padece a cidadanía de Lalín.
Para o BNG é evidente que as solucións que se aportaron non son máis que un engano aos veciños e veciñas do noso Concello, xa que por parte do Goberno municipal o único que se fixo foi mentir respecto as súas responsabilidades. Apuntan os nacionalistas que é así, por unha parte, polo anuncio feito polo PP de sumar tres policías locais novos, mais o que non dixeron é que vai ter que pasar máis dun ano para que iso por prazos sexa realidade e que no próximo ano e medio vai haber dous policías locais menos por xubilación, o que fai unha resultante de que con vista a máis dun ano a realidade é que só contaremos cun só policía local a maiores dunha máis que mermada plantilla como xa desvelaron os nacionalistas o pasado 5 de agosto.
Apunta Vilariño que este desmantelamento progresivo que este Goberno fixo da Policía Local (lembran que cando gobernaron eran 15) fai que exista a cifra ridícula e insuficiente de 10 policías locais, que na realidade son menos ao restar nos últimos meses 1 axente que se adica a ser o cobrador das festas de Lalín na súa xornada laboral, feito este carente da máis mínima ética e idoniedade para dotar de lexitimidade e autoridade a dito corpo local, entende os nacionalistas que existe, sen ningunha dúbida, persoal moito máis axeitado no concello para exercer dita función.
Apuntan os nacionalistas que con 9 axentes o servizo, no peor momento de inseguridade, tradúcese a que só existe policía local polas noites o venres e o sábado, é dicir, “que os e as lalinenses estamos desprotexidos 5 noites á semana”. A maiores a decisión de destinar un axente para recaudar para as festas provocou que en xullo non houbese policía local durante 8 tardes e algunha mañá, ocorrendo o mesmo no mes de agosto con 10 tardes, secuencia que se repetirá no presente mes de setembro.
Polo motivo exposto anteriormente, son moitos os veciños e veciñas que lle trasladan ao BNG as súas queixas que ao intentar contactar coa Policía Local “sáltalle unha grabación que lle indica que avisen ao 112 ou á Garda Civil”, que ademais tamén está en mínimos na comarca.
Afirma Vilariño que outra das falsidades que por parte do Alcalde se dixeron foi cando citou expresamente ao BNG para desmentir que existían empadroamentos que non se adaptan ao proceso, e que un que expuxera o BNG publicamente tiña a documentación pertinente. Pois ben, para o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, esta é unha proba clara de que as cousas non se están a facer ben desde este goberno, xa que non só non lle contestaron nada aos veciños e veciñas que reclamaron e solicitaron ter acceso ao expediente de alta, senón que están asumindo que se presenta documentación falsa para dar altas, xa que estos propietarios nunca alugaron dita propiedade nen tan sequera coñecen de nada aos que lles constan de alta no seu inmoble.
Desde o BNG tamén valoran moi negativa a resposta da Subdelegación de negar unha realidade en base a estadísticas, non pode ser que veñan a dicirlle á veciñanza que en Lalín debido aos ratios baixos de delitos todo está ben, cando a situación real todo o mundo sabe que é ben distinta.
Ao mesmo tempo o Subdelegado anuncia que se van cubrir tres vacantes existentes desde hai tempo, admitindo que se están sen cubrir é por decisión política deles, as que o BNG valora positivamente sempre que vaian destinadas a reforzar a seguridade en Lalín e non a outros cometidos. Tamén agardan os nacionalistas que a solución diante das gravísimas cousas que están ocorrendo en Lalín pasan por actuacións e traballos de corpos de seguridade que fisicamente non están en Lalín obviamente e dos que non poñemos en dúbida que se esté traballando nisto a raíz do que está acontecendo.
Para o BNG, igual que defendeu desde un inicio, ten que ser un traballo leal de colaboración entre institucións poñendo sempre por riba o interese xeral da cidadanía fronte a posicións partidistas que en nada van solucionar nada, todo o contrario.
Finaliza o BNG, alegrándose que polo menos a celebración desta reunión responde as súas reiteradas peticións da mesma, e os que negaban como era o PP, que até hai pouco en resposta as súas denuncias públicas, había un problema de seguridade en Lalín hoxe admiten que temos razón.