"É PURA PROPAGANDA DO PP PAGADA POLOS LALINENSES"

O BNG ACUSA AO PP DE DESPILFARRAR OS CARTOS PÚBLICOS NA PUBLICACIÓN DO ANUARIO

Mari Carmen Fernández
Mari Carmen Fernández

O Goberno Municipal editou un mal chamado anuario, totalmente alonxado da realidade que é un

descarado panfleto de propaganda do Partido Popular.

O BNG ACUSA AO PP DE DESPILFARRAR OS CARTOS PÚBLICOS NA PUBLICACIÓN DO ANUARIO

O BNG de Lalín denuncia a edición, impresión e distribución de 7.000
exemplares dun auténtico panfleto partidista chamado “anuario Concello de Lalín 2024” que tivo un
coste ás arcas públicas de 4.000 euros elaboralo e aos que hai que engadir os 1.400 euros que custará
a distribución porta a porta (buzoneo) que realizará o concello para que o exemplar chegue a tódolos
fogares do municipio, tanto no casco urbano coma no rural.
A Responsable Local, Mari Fernández, denuncia que a “broma” terá un custe total, para a veciñanza de
Lalín, de 5.400 euros.
Para os nacionalistas trátase dun panfleto de propaganda política, pagado con cartos públicos, que
lonxe de describir a realidade do municipio e sen deixar ver a máis mínima autocrítica, alónxase dos
problemas reais da cidadanía e obvia cuestións acontecidas no 2024 que deberían estar incluídas nun
verdadeiro anuario, máis resultan incómodas ao Partido Popular, como pode ser a nivel de exemplos o
gasto de salarios desorbitados para os membros do seu goberno (que o converte no goberno municipal
máis caro da Galiza da súa categoría), a lamentable situación económica das arcas municipais cunha
débeda superior aos 10 millóns de euros, ou a escandalosa suba xeralizada dos impostos e taxas
municipais, a reimplantación de tributos como a Plusvalía ou o Imposto sobre construcións, instalacións
e obras (ICIO).
Denuncian desde o BNG que non aparece practicamente unha soa referencia ao rural de Lalín, reflexo
da pouca atención que este goberno adica a case a metade de poboación da nosa veciñanza.
A Responsable Local, Maria Fernández, censura que incluso chega a celebrar o pelotazo urbanístico
que será a construción da Gran Praza e esténdese na inauguración do Centro de saúde de Lalín (CIS),
pero obviando as múltiples carencias en materia sanitaria do mesmo, converténdose en realidade nun
simple cambio de ubicación dende o vello ambulatorio á nova ubicación.
Para a nacionalista, o panfleto propagandístico aprópiase incluso de iniciativas que non son do actual
goberno municipal do PP, como a organización do entroido da Cacharela por parte da asociación de
veciños deste barrio ou o edificio sociocultural de usos múltiples da rúa Manuel Rivero que foi iniciativa
do cuatripartito.
Inciden desde a organización nacionalista que a propaganda partidista chega a tal extremo que o folleto
dedica unha ampla reportaxe á presentación, por parte de Xosé Crespo Iglesias, do seu libro dedicado
aos 30 anos que leva como alcalde, a maiores dunha presentación do mesmo nas dúas primeiras
páxinas.
Para o BNG é tan escandaloso o uso que se fai dos medios públicos que incluso a propia estética da
portada deste panfleto, en tonos azuis e letras de cor branca, garda estreita similitude e relación cos
folletos e libros buzoneados polo PP de Lalín nas últimas campañas electorais; facendo deste suposto
anuario un instrumento, pagado con fondos públicos, que identifica ao concello de Lalín co PP
gobernante, sen ningún tipo de separación entre institución municipal e partido político e con grande
desprezo á pluralidade política que debe rexer toda institución democrática.
O BNG amósase moi crítico con que os textos estén redactados por Daniel González Alén, cronista
oficial do Concello de Lalín. Parécenos un escándalo que tal persoa, lonxe de ter unha posición
imparcial respecto dos feitos acontecidos no ano pasado, sexa un mero bufón do Partido Popular que
simplemente escribe o que lle dita o seu amo. Motivo polo cal, o BNG pedirá o seu cesamento

fulminante no vindeiro pleno. O egocentrismo e connivencia desta persoa co PP chegan a tal extremo
que, el mesmo, aparece retratado en múltiples fotografías das que aparecen neste panfleto.
Por último, destacan que, segundo aparece na contraportada, a impresión deste panfleto foi contratada
a unha empresa que non é unha imprenta e, inda por riba, nin sequera está ubicada en Lalín, como se
non existisen empresas en Lalín que fosen quen de realizar este traballo. motivo polo que tamén
anuncian que pedirán explicacións ao goberno municipal.

O BNG ACUSA AO PP DE DESPILFARRAR OS CARTOS PÚBLICOS NA PUBLICACIÓN DO ANUARIO