O VOCEIRO NACIONALISTA FRANCISCO VILARIÑO ESIXE UN PLAN DE SANEMENTO URXENTE.
O BNG ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE ARRUINAR AS ARCAS MUNICIPAIS POLO USO ELECTORAL.
Conta xeral 2023 Lalín
Remanentes de Tesourería Negativos: -3.544.788€
Aforro Neto Negativo: -371.182€
Resultado Orzamentario Positivo: + 506.537€
Débeda: 10.379.759€
Promedio pago provedores: 38,04 días
Lalín, 25 de xullo de 2024. Desde o BNG de Lalín expresan a súa máxima preocupación ao analizar a liquidación das contas munucipais do ano 2023 e acusan ao goberno local de “situalas nun estado moi preocupante de coma profundo” polo uso electoralista nas últimas eleccións municipais para comprar vontades e falta da máis mínima ética política e responsabilidade de xestión dos recursos públicos. Á vista dos resultados negativos dos remanentes de tesourería e do aforro neto, o que cabe conforme á lexislación vixente para os nacionalistas é esixir que se elabore un Plan de Saneamento financeiro que adopte as medidas de xestión, tributarias, financeiras e orzamentarias que permitan axustar a cero o aforro neto negativo e situar os remanentes de tesourería como positivos.
Afirman os nacionalistas que o artigo 193 da LFL di que cando a liquidación do orzamento teña remanentes de tesourería negativos poderá, na primeira sesión que se celebre, reducir o gasto no orzamento polo importe do déficit producido nos remanentes. Se esta redución é imposible, poderá recorrer a unha operación de crédito polo mesmo importe. En caso de non adoptar ningunha das dúas anteriores, o vindeiro orzamento terá que aprobarse cun superávit non inferior ao déficit de remanentes.
A liquidación do orzamento aprobada antes do 1 de marzo mostraba estes déficits e non se adoptou ningunha das medidas de redución do gasto.
Vilariño aclara que tampouco se pode acudir a operación de crédito polo importe do déficit do remanente de tesourería, porque o aforro neto negativo impídelle recorrer a crédito ( art 53, LFL).
Para o BNG a liquidación do orzamento con aforro neto negativo e Remanentes de tesourería negativos constitúe unha clara e evidente manifestación de insolvencia financeira a curto prazo, que a lexislación vixente intenta subsanar con Plans de Saneamento, redución de gasto ou esixindo a aprobación do presuposto con superávit nos exercicios posteriores. Tampouco se cumpre as condicións que garantan o equilibrio a longo prazo.
O informe de intervención fala amplamente do descenso do índice de liquidez da entidade como consecuencia do incremento do gasto descontrolado, obviamente derivado do uso electoral que se fixo do mesmo, e do descenso do índice de solvencia que baixa ao 0,58% cando o apropiado debería ser 1,5%.. ambas indican falta de capacidade para facer fronte de xeito inmediato ás súas obrigas e aumento do ratio de pago a provedores.
Continúa revelando Vilariño que o mesmo informe fala de que a liquidación non cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, tampouco co obxectivo de endebedamento nin as regras de gasto. Polo tanto, hai que esixir un Plan de Saneamento a executar antes de que remate o actual mandato. O PP botou a casa pola fiestra en ano electoral, o normal é que deixen todo pagado antes das novas eleccións......
Informe de intervención.
O informe de intervención fala amplamente na pax. 11 do índice de liquidez que é a capacidade da entidade local para facer fronte dun xeito inmediato ás súas obrigas. Este índice descende do 1,56 % do ano 2022 ao 0,49% no ano 2023 como consecuencia do incremento descontrolado do gasto, sen repercusións nos ingresos.
Do mesmo xeito, o Índice de solvencia, capacidade da corporación para facer fronte ás súas obrigas con fondos líquidos propios tamén descende como consecuencia do aumento de pendentes de cobro e descenso de fondos líquidos do 2,78% en 2022 ao 0,58% en 2023. Cando o Índice apropiado ten que ser superior ao 1,5%.
As consecuencias do exposto anteriormente afirma Paco Vilariño que son claras e demoledoras para o cidadanía: insolvencia a corto prazo e aumento dos ratios de pago a provedores: En 2018 estaba en 14,4 días e en 2023 está en 38,04 días de promedio.
O mesmo informe de intervención fala que a liquidación non cumpre co obxectivo de estabilidade orzamentaria, entendido como unha situación de equilibrio ou superávit, pola contra, contén un déficit nos remanentes de tesourería e no aforro neto. tampouco co obxectivo de endebedamento nin as regras de gasto.
Continúan os nacionalis dicindo que empeora o fondo de maniobra con respecto ao exercicio anterior, así como o seu ciclo económico e o seu ritmo de actividade que repercuten na sostenibilidade financieira da entidade, xa que vese amplamente dende o punto de vista patrimonial o Concello de Lalín reducido o índice de liquidez e o de solvencia.
Lei de Facendas locais:
Artículo 53. Operaciones de crédito a largo plazo: régimen de autorización.
1. No se podrán concertar nuevas operaciones de crédito a largo plazo, incluyendo las operaciones que modifiquen las condiciones contractuales o añadan garantías adicionales con o sin intermediación de terceros, ni conceder avales, ni sustituir operaciones de crédito concertadas con anterioridad por parte de las entidades locales, sus organismos autónomos y los entes y sociedades mercantiles dependientes, que presten servicios o produzcan bienes que no se financien mayoritariamente con ingresos de mercado sin previa autorización de los órganos competentes del Ministerio de Hacienda o, en el caso de operaciones denominadas en euros que se realicen dentro del espacio territorial de los países pertenecientes a la Unión Europea y con entidades financieras residentes en alguno de dichos países, de la comunidad autónoma a que la entidad local pertenezca que tenga atribuida en su Estatuto competencia en la materia, cuando de los estados financieros que reflejen la liquidación de los presupuestos, los resultados corrientes y los resultados de la actividad ordinaria del último ejercicio, se deduzca un ahorro neto negativo.
A estos efectos se entenderá por ahorro neto de las entidades locales y sus organismos autónomos de carácter administrativo la diferencia entre los derechos liquidados por los capítulos uno a cinco, ambos inclusive, del estado de ingresos, y de las obligaciones reconocidas por los capítulos uno, dos y cuatro del estado de gastos, minorada en el importe de una anualidad teórica de amortización de la operación proyectada y de cada uno de los préstamos y empréstitos propios y avalados a terceros pendientes de reembolso.
El importe de la anualidad teórica de amortización, de cada uno de los préstamos a largo plazo concertados y de los avalados por la corporación pendientes de reembolso, así como la de la operación proyectada, se determinará en todo caso, en términos constantes, incluyendo los intereses y la cuota anual de amortización, cualquiera que sea la modalidad y condiciones de cada operación.
Artículo 193. Liquidación del presupuesto con remanente de tesorería negativo.
1. En caso de liquidación del presupuesto con remanente de tesorería negativo, el Pleno de la corporación o el órgano competente del organismo autónomo, según corresponda, deberán proceder, en la primera sesión que celebren, a la reducción de gastos del nuevo presupuesto por cuantía igual al déficit producido. La expresada reducción sólo podrá revocarse por acuerdo del Pleno, a propuesta del presidente, y previo informe del Interventor, cuando el desarrollo normal del presupuesto y la situación de la tesorería lo consintiesen.
2. Si la reducción de gastos no resultase posible, se podrá acudir al concierto de operación de crédito por su importe, siempre que se den las condiciones señaladas en el artículo 177.5 de esta ley. Para isto é imprescindible elaborar un plan de saneamento financieiro
3. De no adoptarse ninguna de las medidas previstas en los dos apartados anteriores, el presupuesto del ejercicio siguiente habrá de aprobarse con un superávit inicial de cuantía no inferior al repetido déficit.
Artigo 77.5
5. Excepcionalmente, y por acuerdos adoptados con el quórum establecido por el artículo 47.3 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, se considerarán recursos efectivamente disponibles para financiar nuevos o mayores gastos, por operaciones corrientes, que expresamente sean declarados necesarios y urgentes, los procedentes de operaciones de crédito en que se den conjuntamente las siguientes condiciones:
Que su importe total anual no supere el cinco por ciento de los recursos por operaciones corrientes del presupuesto de la entidad.
Que la carga financiera total de la entidad, incluida la derivada de las operaciones proyectadas, no supere el 25 por ciento de los expresados recursos.
Que las operaciones queden canceladas antes de que se proceda a la renovación de la Corporación que las concierte.