OS NACIONALISTAS AMÓSANSE PREOCUPADOS POLO TAXAZO DE SOGAMA

O BNG ACUSA AO GOBERNO DE IMCUMPRIR A NORMATIVA AO NON TER INSTALADOS XA OS COLECTORES MARRÓNS.

O BNG ACUSA AO GOBERNO DE IMCUMPRIR A NORMATIVA AO NON TER INSTALADOS XA OS COLECTORES MARRÓNS.

O anuncio da Xunta de Galiza do incremento da taxa de SOGAMA non foi máis que un novo aviso de que no noso país se están a aplicar políticas obsoletas e antiecolóoxicas no tocante á xestión dos residuos. Esta suba suporía un aumento acumulado dos custos de máis do 60%, pasando dos 68 euros/tonelada na primeira metade do 2024 aos 108 euros que se pagarán cando comece o 2025.

“Tras tratar de suprimir a bonificación do 10% no pasado ano e debido ao rexeitamento contundente por parte dos concellos, anunciouse dende o parlamento galego a bonificación dun 15% en vésperas das eleccións municipais, máis agora enfrontámonos de novo a nivel municipal cun sobrecuste pola xestión dos nosos residuos que recaerá nos veciños e veciñas de Lalín” declara a concelleira nacionalista Ariadna Fernández a colación deste tema.

Dende o BNG definen a medida coma “abusiva e consecuencia do fracaso de SOGAMA e do seu tratamento dos residuos, baseado na incineración e o depósito en vertedoiros, fracaso polo cal teremos que pagar os e as lalinenses, vendo aumentada a nosa factura do lixo pola incapacidade do goberno de oporse directamente a unha medida que ven dada pola propia Xunta de Galiza, que só trata de botar balóns fóra.”

Máis non é esta a única eiva que se acumula en canto aos residuos na capital dezá, que incumpre xa durante nove meses a normativa, que fixaba os prazos para o seu cumprimento en xaneiro deste presente ano, mes a partir do cal se terían que poñer en funcionamento e a dispoñibilidade dos veciños os colectores marróns.

É evidente que o modelo SOGAMA non funciona, coas segundas peores cifras de todo o estado en canto a reciclaxe en Galiza, pero se a maiores lle sumamos a inacción do goberno lalinense sobre este asunto, teremos a combinación perfecta na que os veciños teñen que pagar máis por un servizo á vez que non están cumprindo a normativa vixente, de xeito que non teñen á súa disposición na actualidade o colector marrón, do que por certo concellos veciños xa gozan hai tempo. Isto suporá un sobrecusto para SOGAMA, que non pode escapar da súa instalación, xa que a precisa para maquillar os seus números en canto a tratamento de residuos orgánicos fronte a UE e as súas normativas.

 

Para os nacionalistas a pregunta é, en canto repercutirá para os petos dos lalinenses o taxazo de SOGAMA e de quen é a responsabilidade de que non se teña instalado o colector marrón. Din que só existe un evidente responsable, o PP, polo que adiantan que no vindeiro pleno trasladarán este tema pola importancia que ten para o conxunto da veciñanza e o medio ambiente.

O BNG ACUSA AO GOBERNO DE IMCUMPRIR A NORMATIVA AO NON TER INSTALADOS XA OS COLECTORES MARRÓNS.