MARI FERNÁNDEZ: “OS 3 NOVOS POLICÍAS LOCAIS NON SERÁN EFECTIVOS ATÉ XULLO DE 2026”

O BNG acusa ao goberno de desmantelar a Policía Local

O BNG acusa ao goberno de desmantelar a Policía Local

 A Responsable Local do BNG de Lalín, Mari Fernández, alertou sobre a alarmarte realidade na que se atopa a  Policía Local de Lalín ao ter reducido o seu número de efectivos nun mínimo histórico.

Mari Fernández denunciou a nefasta xestión do goberno municipal, informando que na actualidade hai unicamente 9 axentes conformando a plantilla, una cifra ridícula que evidentemente non permite cubrir os mínimos desexados, o que está acarreando unhas consecuencias moi perxudiciais para o conxunto da cidadanía.

O BNG lembra que o goberno decidíu prescindir a principios de ano dun policía local para adicalo a facer funcións de feiras e festas, algo totalmente incomprensible para os nacionalistas, o que supón pasar de 10 a nove efectivos. A maiores tamén desvelan que debido a una baixa laboral, algo normal en calquera plantilla de persoal, o número de axentes é de 8 desde hai varios meses.

Afirma a súa Responsable Local que esta reducción de persoal, cunha plantilla xa de por si moi escasa, lembrando que no cuatripartito eran 15 os policías locais que a formaban, está provocando importantes deficiencias nas distintas labores propias deste corpo. Lembra que xa denunciara a principios do presente ano, que no 2024 non había servizo de Policía Local polas noites de luns a xoves nen os domingos, “de sete días da semana, cinco deles o concello estaba pola noite sen policía”. A maiores, os nacionalistas poñían de manifesto que esta reducción tamén acarreaba unha cantidade importante de tardes e mañás sen cubrir ao longo de cada mes por parte da Policía Local.

Mais o que parecía insuperable para mal, que era que só houbera policía local as noitas dos venres e sábado, resulta que non é así na actualidade, debido a que no 2025, só hai presenza policial una finde de semana ao mes as noites dos venres e sábado, manténdose as carencias do pasado ano, de non ter ninguna noite de domingo a xoves.

Para a fronte nacionalista esta é unha situación insoportable, agravándose aínda máis debido a que a Garda Civil ten unha soa patrulla para toda a comarca, o que evidencia que os tempos de respostas son completamente deficientes a todas luces.

Afirma Mari Fernández que o PP está actuando cunha irresponsabilidade sen precedentes, e que con esta nefasta xestión o único que fai, é deslexitimar á Policía Local de Lalín. A veciñanza de Lalín non pode chamar á Policía Local e a resposta coa que se atope sexa unha gravación que di que se poña en contacto co 112 ou a Garda Civil, insiste.

Sen novos efectivos até xullo do 2026.

A maiores, e non menos grave, resulta para o BNG outra nova mentira do PP, e mostra da súa incapacidade de xestión, como revelan ao afirmar que no proceso selectivo de tres novas prazas de policía local o curso obrigatorio de formación posterior á aprobación da oposición na Academia Galega de Seguridade, estes tres axentes terán que facelo para o vindeiro ano, o que significa, nen máis nen menos, que non contaremos con estas incorporacións até mediados do ano 2026.

A Responsable local nacionalista, pide responsabilidades políticas debido a que estas prazas se corresponden ao ano 2024 e o goberno local, en todo este tempo, non quixo ou non foi capaz de sacalas adiante, priorizando, iso si, outros tipo de oposicións que terán que explicar o motivo da súa prioridade e a deixadez destas.

Mari Fernández tildou de hipócritas ao PP ao afirmar en pleno que a taxa de reposición lles impedía contar con máis efectivos, cando despois demóstrase que nen as que poden repoñer son sacadas a tempo.

 

O BNG acusa ao goberno de desmantelar a Policía Local