Acto do Público do BNG en Lalín
O vindeiro Luns 27 de Maio ás 21 horas na Praza da Vila
22 maio 2024 - 12:57
Este Xoves á noite da comezo a campaña das Eleccións Europeas e con elo, comezan os actos públicos dos partidos políticos.
O BNG celebra o seu acto central da Comarca do Deza en Lalín. Será o vindeiro Luns día 27 de Maio ás 21 horas na Praza da Vila, xusto ao carón do Palco da Música.
No acto intervirán o portavoz municipal e concelleiro Paco Vilariño, a concelleira e deputada no Parlamento Galego Ariadna Fernández, a Eurodiputada e candidata Ana Miranda e a Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón.
O BNG de Lalín fai un chamamento a toda a militancia de Lalín e da Comarca do Deza para encher a Praza da Vila e arroupar á candidata, para que siga sendo a voz de Galiza en Europa.