UNHA CAMPAÑA PARA A XENTE QUE QUEIRA CAMBIO
Campaña de afiliación do BNG de Lalín
Manuel Carbón lembra que “a política é o lugar onde actuar para mudar o estado das
cousas, e a participación política é fundamental para construir unha sociedade e unhas
institucións sanas e democráticas ao servizo das maiorías sociais.”
O Consello Local do BNG de lalín acordou unanimemente na súa reunión
ordinaria do pasado luns poñer en marcha unha campaña de afilicación que levará adiante ao longo
dos vindeiros dous meses. Según informa o seu Responsable Local, Manuel Carbón, dita campaña estructurarase de distintos actos e reunións sectorias, mais tamén dándolle unha especial importancia ao contacto directo coa cidadanía,
tanto a nivel individual como colectivo, e cun especial protagonismo nas redes sociais.
Apunta Carbón que a decisión política foi adoptada tras comprobar como nos últimos meses aumentou
notablemente a existencia "dunha crecente ola de simpatía por parte de moitos vecinos e veciñas", xa que
"foron moitas as persoas" que se dirixiron aos nacionalistas para solicitar información sobre o seu
proxecto político e expresaron a súa vontade de colaborar.
No BNG mostran a súa convicción de "querer avanzar na proposta de abrir un tempo novo" porque Lalín,
en palabras de su responsable local, Manuel Carbón, "é un proxecto compartido, un horizonte a definir
entre todos".
A organización conta a día de hoxe “co maior número de afiliación de toda a súa historia",
pero, lonxe de acomodarse, quere seguir ampliando a súa base social e aumentar o número de membros
para construír "un proxecto propio, plural, inclusivo e aberto, que tenda a man para sumar e facer
realidade un cambio de goberno co horizonte das vindeiras eleccións municipais". E para isto precisamos
da intelixencia colectiva, do compromiso e da participación directa de todas as persoas que queiran ser
protagonistas do cambio de rumbo que necesitamos poñer en marcha.
Fai especial fincapé o seu Responsable Local en que os nacionalistas non ocultan que "os bos resultados"
nas últimas dúas últimas citas electorais, nas que a nivel municipal duplicaron a súa representación no
Concello, e nas recentes eleccións ao Parlamento galego onde acadaron ser a segunda forza con moita
diferenza en Lalín, obtendo o mellor resultado da súa historia cun crecemento electoral sen precedentes, o que permitíu que por primeira vez o BNG de Lalín teña unha deputada no Parlamento Galego como é
Ariadna Fernández, fan que se convertiran na alternativa de goberno ao PP e que sexa "o momento
idóneo" para seguir construíndo un proxecto "potente e capaz de mirar ao futuro con ilusión".
No BNG recollemos aquela máxima que reza “pensa globalmente, actúa localmente”, e confiamos en que,
co graniño de area que cada quen poida aportar, seremos quen de mudar Lalín, Galiza e o mundo no que
vivimos. “É por isto que solicitamos a colaboración de todas aquelas persoas disconformes co actual
estado de cousas a que se acheguen ao BNG de Lalín. Mellorar a realidade na que vivimos é unha
responsabilidade de todos e todas nós”, remata dicindo Manuel Carbón.