Moción do BNG de Lalín para o arranxo intregral da Rolda Leste
Francisco Xavier Vilariño Taboada voceiro do Grupo Municipal do BNG de Lalín, presenta para o seu debate e aprobación a seguinte MOCIÓN relativa ao ARRANXO INTEGRAL DA RONDA LESTE.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
No pleno ordinario do mes de abril do pasado ano, a corporación municipal aprobou de xeito unánime unha moción presentada polo noso grupo municipal na que se solicitaba o arranxo integral e urxente da Ronda Leste debido ao seu lamentable estado ao longo de todo o seu traxecto.
Pasado case un ano desde a súa aprobación, a cidadanía segue sufrindo as consecuencias do abandono deste vial por parte do goberno municipal, agrabadas polo deterioro que sufríu desde dita data ata o día de hoxe. Esta estrada é de gran importancia ao tratarse do vial que máis tráfico soporta dos que conforman a trama urbana xa que funciona como eixe vertebrador.
Lembrar que foi o cuatripartito no ano 2016 o que acomentou a última actuación integral deste vial, e desde aquelas os distintos gobernos do PP non fixeron nada para frear o deterioro manifesto no que se atopa, é máis, este goberno municipal mentiu ao anunciar o 9 de abril do ano 2024 que ía acometer traballos de acondicionamento para evitar “os transtornos que a día de hoxe somos conscientes que ten”, “pedindo desculpas á cidadanía polo estado desta estrada” e que incluso a financiación “implicaría a outras administracións superiores”, cando a realidade, case dous anos despois, é ben distinta empeorando moito máis o estado do mesmo desde dito anuncio.
O plantexamento técnico do trazado evidencia o deterioro progresivo do vial, agravado polo inverno, ao punto de considerar que está afectando ás capas inferiores do firme, polo que vai rematar co colapso total do mesmo. É unha evidencia o agrietamento xeralizado da capa de rodadura, menor nunhas zonas mentras noutras aparecen moi bacheadas con afección á estabilidade e seguridade dos vehículos.
Desde o BNG non podemos permitir que unha infraestructura tan necesaria para Lalín se atope neste inaceptable estado sen que o goberno municipal adopte ningunha medida, agás algúns traballos, como se fixeron a pasada semana, de “bacheo” nas zonas máis destrozadas, que lonxe de mellorar o vial o que fan é empeoralo debido ao pouco que dura esta actuación por seu un parche.
A Ronda Leste é unha arteria clave para o tráfico da nosa vila, aliviando a circulación no centro urbano e facilitando o acceso a distinta zonas comerciais, sanitarias, industrias, educativas, etc así como a distintas estradas de competencia galega ou estatal.
Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do BNG insta ao Pleno de Lalín á adopción do seguinte
ACORDO:
1.- Que o Goberno Muncipal elabore e execute con carácter urxente un proxecto para o arranxo integral da Ronda Leste.
Lalín, 16 de febreiro de 2026.