Reclama, asemade, un plan de erradicación da Acacia mimosa e un plan de recuperación e posta en valor do patrimonio do Deza.

O BNG reclama no Parlamento a restauración da Ponte dos Cabalo e incoar o procedemento para a declaración BIC deste ben patrimonial datado do 970.

A deputada nacionalista, Ariadna Fernández, vén
de rexistrar vairas iniciativas parlamentares para o seu debate en pleno e
comisión, relativas á restauración, tras os actos vandálicos sufridos, da Ponte
dos Cabalos. Así mesmo solicita incoar o expediente de declaración como BIC
de dito monumento e á posta en valor do patrimonio do Deza, como
mecanismo de revitalización económica mediante o turismo, ademais dun plan
de erradicación da Acacia mimosa na ribeira do río Arnego, especie invasora
que presumiblemente foi introducida durante a primeira restauración que se
levou a cabo.
A Ponte dos Cabalos une as parroquias de Parada, en Lalín, coa agolense de
Ferreiroa e é a única que queda en pé das cinco que unían o Deza coa Ulloa. A
súa relevancia patrimonial, indica a deputada nacionalista “radica en que é a
única desta época que non sufriu modificacións posteriores, conservando a
estrutura inicial con dous arcos de medio punto e a súa rasante plana” .
Engade así mesmo, que “tamén ten relevancia como lugar de memoria
histórica, xa que a súa denominación fala do que ali sucedeu ao longo dos
tempos”. Así, séculos atrás denominábase Ponte do Portego ou Portádego que
indica que para cruzar o Arnego a aquela altura se pagaban peaxes, evitando
grandes rodeos, como demostra unha pedra cunha canle lateral que podería
ser parte dunha estrutura que pechara o paso a modo de porta . O nome
mudou despois a Ponte dos Cabalos, que rememora as consecuencias da
invasión francesa durante a que nunha loita con veciños do lugar a ponte ficou
chea de cadáveres do animal que lle da nome, atestiguando tamén o asasinato
de veciños por parte dos carlistas no 1839.
No ano 2020 leváronse a cabo obras de consolidación e conservación por
valor de 115.000€ financiadas por Agader e os concellos de Lalín e Agolada
para a posta en valor do elemento e a recuperación o Camiño Real. Xunto coas
obras de conservación da ponte, introduciuse unha escalinata lateral que
rompe coa estética da ponte milenaria e a harmonía do complexo, “actuacións
propias de administracións con escasa ou nula sensibilidade polo noso
patrimonio” asegura a deputada nacionalista, Ariadna Fernández, sendo tamén
obxecto de fondas críticas por parte da veciñanza.
Un ano despois de rematadas as obras, a Ponte dos Cabalos foi vítima dun
acto vandálico no que varias pedras da varanda foron movidas, resultando,
algunhas delas, rotas sendo preciso repoñelas. Tamén foron retiradas neses
actos as pedras que impedían o acceso rodado pola ponte para evitar o risco
de derrube.

Non queremos esquecernos do invasión de Acacia mimosa aparecida despois
do movemento de terra feito pola empresa que é preciso erradicar para evitar a
súa expansión pola ribeira do Arnego e a Rede Natura 2000.