O BNG PROPÓN UNHA PARTIDA PARA O TRANSPORTE DOS CLUBES DEPORTIVOS
O BNG de Lalín solicita ao Goberno local que contemple unha partida nos vindeiros orzamentos municipais para axudas e organización do transporte dos e das deportistas lalinenses aos distintos torneos e campionatos aos que asisten durante todo o ano en distintos puntos do país.
A Responsable Local do BNG, Mari Fernández, afirma que son moitos os país e nais dos nenos e nenas que en distintas disciplinas deportivas participan todo o ano en eventos, torneos e competición fora do noso concello, por iso o BNG tén recollido as demandas e peticións dos país e nais, e tamén das distintas directivas ás que lle suporía unha importantísima axuda. Mari Fernández súmase ás críticas destes veciños e veciñas que “ademáis de representar ao noso concello noutros lugares, aportan do seu peto o custe que supón o desprazamento dos seus fillos e fillas a estes eventos”.
Dende o BNG de Lalín consideran que “xa é abondo o esforzo das familias destes deportistas de base en distinas modalidades” coma para que sigan pagando do seu peto “a representación institucional do deporte lalinense noutros lugares de Galiza e o Estado”. Mari Fernández critica que, segundo as queixas e demandas dos país e nais afectados e dos distintos clubes, “corren eles en moitos casos con todos os gastos de representación do deporte de Lalín polo mundo adiante, e ao chegar de volta, si hai éxitos, teñen unha foto co alcalde coma todo recoñecemento”.
Afirman desde a fronte nacionalista que é moi importante rematar con esta situación gravosa e inxusta para o deporte de base de Lalín, polo que demandan artellar os mecanismos precisos para que “o transporte aos torneos e competicións dos nosos e das nosas deportistas de base non vaia contra a economía doméstica das súas familias ou clubes”.
Mari Fernández destaca que ésta sería unha “axuda complementaria para apostar polo deporte base en Lalín nas distintas disciplinas que tanto lle teñen dado ao noso concello, onde sabemos que temos una gran canteira de deportistas”. Dende o BNG aseguran que o deporte de base en Lalín ten que ser un dos puntais de desenvolvemento social para a nosa veciñanza. Destaca que “somos conscientes de que temos unha xeración importante de rapaces e rapazas preparados para ser campións, e hai que coidar esta canteira coma o futuro que son do noso concello”. Ademáis o BNG de Lalín considera que este servizo será tamén unha aportación ás medidas de conciliación que o BNG leva moito tempo demandando ao goberno local.