O BNG cumpre con veciños e veciñas e pregunta polo edificio da SAREB no Congreso
Á MESA DO CONGRESO
O deputado do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG), Néstor Rego Candamil, adscrito ao GRUPO PARLAMENTAR MIXTO, ao abeiro do estabelecido no artigo 185 e seguintes do Regulamento do Congreso, formula as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno para a súa resposta escrita relativas á cesión por parte da SAREB á Xunta da Galiza do inmóbel sito na rúa Álvaro Cunqueiro de Lalín para a súa dedicación a aluguer social.
A SAREB é a propietaria da maior parte dun edificación sen rematar en Lalín na rúa Álvaro Cunqueiro, cuxas obras quedaron paralizadas despois da crise inmobiliaria de 2008, o que determinou que o inmóbel rematara en mans do denominado banco malo que rescatou parte dos activos inmobiliarios considerados tóxicos das distintas entidades financeiras.
O edificio precisa de actuacións urxentes para garantir a seguridade das instalacións, porén, implica unha oportunidade excelente para apostar polo remate das obras e ofertar vivenda pública ou de aluguer social na vila. Por tanto, é preciso que a SAREB acometa as melloras de mantemento precisas nesta altura, ao tempo que se procede a ceder o edificio, xunto co resto de inmóbeis sitos na Galiza, á Xunta para que, unha vez se rematen as obras, se proceda á súa incorporación a unha bolsa de vivenda pública en aluguer.
notabelmente nos últimos anos, facendo imposíbel o acceso á vivenda de moitas persoas. Con estes datos evidénciase a necesidade de promover máis vivenda en réxime de aluguer social que facilite o acceso ás persoas con menos recursos, mozos e clases populares en xeral.
Polos motivos expostos, o BNG formula as seguintes preguntas dirixidas ao Goberno:
- Cal é a actual situación do citado inmóbel en obras sito na Rúa Álvaro Cunqueiro de Lalín?
2. Cal é a cota de propiedade da SAREB no mesmo?
- É consciente a SAREB da necesidade de iniciar actuacións urxentes para garantir a seguranza pública no inmóbel?
4. Ten previsto acometer estas obras de mantemento no inmóbel?
- Comparte a SAREB que este inmóbel representa unha oportunidade para dedicalo a vivenda pública en réxime de aluguer social?
6. Cal é a súa disposición para apostar polo remate das obras?
- Considerará a cesión do edificio, xunto co resto de inmóbeis sitos na Galiza, á Xunta para a súa incorporación a unha bolsa de vivenda pública e de aluguer social facilitando así o acceso á vivenda de determinados colectivos?
- Despois de coñecerse o anuncio de transferir unha serie de inmóbeis da SAREB á SEPES para a promoción de vivenda pública, pode o Goberno
confirmar se o citado edificio en construción sito en Lalín na Rúa Álvaro Cunqueiro está entre os inmóbeis cedidos?
Madrid, a 15 de xullo de 2025
Néstor Rego Candamil
Deputado do BNG no Congreso